Ninguén para ao Arosa que se sitúa líder tras impoñerse (2-1) ao ÿrdenes
Por Redacción
Imparable o Arosa de Piscis. Derrotou ao Ordes e sitúase como líder en solitario despois dun partido que tiña resolto pero se lle complicou a falta de algo máis de media hora, cando o árbitro mostrou unha polémica segunda amarela a Jesu, deixando aos arlequinados en inferioridade.
Ata ese momento os de Piscis mandaban no marcador e no partido. Eloy marcaba o primeiro aos 17 minutos, ampliando a distancia José Ángel cun espectacular lanzamento de falta, ao pouco de comezar o segundo tempo (minuto 51). Pero pouco despois ao colexiado expulsaba a Jesu e a inferioridade numérica fíxose notar.
O Ordes foise arriba, pero entón xurdiu a figura de Jorge Pérez para botar o cadeado á súa portaría. O meta local parouno todo agás un remate de Esteban Capelo, de cabeza, a falta de 11 minutos para o final, que poñerían o 2-1 definitivo. Quedaban uns minutos de sufrimento, pero o Arosa soubo aguantar para rematar celebrando o liderado cunha afección que cada semana está máis identificada co seu equipo.
AROSA S.C. (2): Jorge Pérez; Santi, José Ángel, Martín, Juanjo, Rivas, Jesu, Nando (Ramón, min. 84), Adrián Camiño, Eloy (Vixo, min. 67) e Hugo (Jonathan, min. 90).
S.D. ORDES (1): Mario; Antonio, David Rey (Abelenda, min. 53), Jesús Torres, Cabrejo, Mariño, Cea, Álex Castro, Rodri, Martín (Cristian, min. 65) e Capelo.
Árbitro: Daniel Arias Penas (Vigo). Expulsou por dobre amoestación a Jesu (minuto 57). Amoestou a Adrián Camiño e Santi, polo Arosa, e a Cea e Jesús Torres, polo Ordes.
Goles: (1-0) Minuto 19: Eloy. (2-0) Minuto 51: José Ángel. (2-1) Minuto 79: Capelo.
Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía de Arousa). Uns 1.200 espectadores.