O Pontevedra xuvenil cumpre gañando ao Alondras pero será o Xuíz de Competición o que decidirá o ascenso
Por Redacción & Cristina Saiz
O posible ascenso do equipo xuvenil do Pontevedra CF a División de Honra terá que esperar. O equipo granate cumpriu goleando ao Alondras en Pasarón por 4-0, pero tamén o Coruxo sumou tres puntos o vencer o Arosa por 1-2. É dicir, seguen empatados a puntos e agora será o Xuíz de Competición o que decidirá quen ascenderá.
Estas dúbidas veñen da diferenza de criterio entre a Real Federación Española de Fútbol e a Real Federación Galega de Fútbol para a categoría nacional para supostos desempates. Na Circular, a RFEF fala de liga a dobre partido, pero non especifica que pasaría na segunda fase, que foi a unha volta. Pola súa banda, a Futgal outorga ao Pontevedra o cuarto posto e é o equipo que ascendería a División de Honra.
En canto ao partido, A primeira parte estivo marcada pola intensa calor e a ausencia de ocasións en ambas as escuadras, polo menos durante a primeira media hora de xogo. Custaba enlazar xogadas e, sobre todo, chegar a portería rival.
Pero o parón para beber, aos 25 minutos de xogo, veu ben para Pontevedra e Alondras, que repuxeron forzas e comezaron a xerar algunha que outra ocasión. Primeiro tívoa o Alondras, sen fortuna, e despois o equipo granate, que deu un paso adiante e adiantouse co gol de Dani Taracido no minuto 40.
Despois do paso polos vestiarios o equipo granate foi claro dominador. Joel Rodríguez anotou o 2-0 no 48 e Jaichenko devolveu o golpe no 61 facendo o 3-0. A goleada rematouna Joel Rodríguez no 67.
Consulta a clasificación definitiva da liga Nacional Xuvenil segundo a Futgal na seguinte ligazón
Relacionadas:
-
Competición castiga o Pontevedra xuvenil por aliñación indebida e dálle por perdido o seu partido contra o Pabellón de Ourense
Por Diego Espiño |
-
A RFEF dá a razón ao Pontevedra e o seu equipo xuvenil ascende a División de Honra
Por Diego Espiño |
-
O equipo xuvenil do Pontevedra, a 90 minutos da División de Honra
Por Redacción |
-
Aprazada por segunda vez a última xornada da Liga Nacional Xuvenil na que o Pontevedra xógase o ascenso
Por Redacción |