O campión olímpico Fernando Echavarri, profesor de luxo en Vilagarcía
Por Redacción
Un nutrido grupo de afeccionados á vela gozaron este sábado no Centro Galego de Vela de Vilagarcía de Arousa dunha Máster Class cun profesor de luxo: o campión olímpico Fernando Echávarri.
Dende a mañá e ata final da tarde, baixo un ceo azul soleado e coa colaboración do persoal do Centro Galego de Vela, os protagonistas desta clase maxistral foron precisamente os alumnos, que aproveitaron tanto a charla en terra coma a navegación nos barcos Omega xunto a Echávarri.
Dende afeccionado ata regatistas de vela lixeira, pasando por novos regatistas que queren iniciar unha campaña olímpica, adolescentes e algún que pasaba os cincuenta anos, xente da Guarda, Vigo, A Coruña... : todos tiveron cabida nesta clase.
Tamén houbo algunha sorpresa, Echávarri recibiu a visita do seu antigo compañeiro Antón Paz, natural de Vilagarcía e con quen Fernando gañou a medalla de ouro en Pekín 2008.
Este sábado foi a quenda de Fernando e a el seguiralle Pedro Campos no barco VO70 que deu a volta ao mundo en 2008. Será o 19 de outubro en Sanxenxo.