Estrea con vitoria do Peixe Galego en Adecco Plata ante un combativo Zornotza (79-72)
Por Redacción
Primeiro triunfo no zurrón para o Marín Peixe Galego na súa estrea na liga LEB Adecco Plata.
Os de Javi Llorente impuxéronse na Raña a outro recén ascendido, o equipo vasco do Zornotza (79-72), nun apertado final despois de desperdiciar unha renda de 20 puntos ao seu favor ao descanso (41-21).
Peixe Galego e Zornotza saíron á cancha con certo nerviosismo, como demostraron as continuas imprecisións ao inicio do choque.
A pesar diso foron os visitantes os encargados de abrir o marcador (0-4) antes de que o equipo 'peixe' se desperezase pouco a pouco para comezar a mandar no elecrónico.
Sería a única vantaxe no partido do Zornotza, pois os marinenses empezaron a marcar a pauta e a abrir oco aproveitando en boa parte as numerosas perdas de balón dos vascos, ata 16 nos dous primeiros cuartos.
Ao termo dos primeiros dez minutos o Marín mandaba por nove (19-10), unha renda que se ampliou ata os 20 puntos e que parecía poñer en bandexa o triunfo local.
Nada máis lonxe da realidade, porque á volta de vestiarios o Zornotza entrou en estado de graza e con grande acerto no tiro anotou 24 puntos nos primeiros minutos para apertar o partido (48-45).
Sen embargo os visitantes non chegaron a culminar a remontada ante un Peixe Galego que reaccionou a tempo.
A pesar de contar de novo cun pequena renda o choque chegou cun emocionante 72-70 aos dous últimos minutos, momento no que a maior tranquilidade dos locais certificou a vitoria e a estrea soñada para os de Marín.
Aramburu, Albert Homs e Manuel Ferreiro, os tres con 15 puntos, foron os máximo anotadores 'peixes'.
MARÍN PEIXE GALEGO (79): Manuel Ferreiro (15), Luis González, José Luis Fernández (2), Aramburu (15), Dirugeris (7) -cinco inicial- Darío Suarez (10), Gregorio Adón (8), Albert Homs (15), Cedric Belemene , Al Rapier (4).
ZORNOTZA ST (72): Bandoumel (4), Quero (4), Iglesias (7), Salazar (2), Carreto (21) -cinco inicial- Casado, Mendia, Lorenzo (24), Kyle Rowley (10).
Parciales: 19-10; 22-11; 18-31; 18-20.
Árbitros: Pazos Pazos e Martín Vázquez.
Incidencias: Partido disputado no pavillón da Raña, Marín.