Boa imaxe do piragüismo pontevedrés no Campionato de Europa que se está celebrando en Polonia
Por Redacción
Boa imaxe a mostrada polo piragüismo galego e pontevedrés no Campionato Europeo de Sprint disputado durante estes días na cidade polaca de Poznan e que finalizará o domingo.
Os padeeiros do Breogán, Noel Domínguez e David Barreiro, foron quintos na súa serie do C2 1000 metros e buscaron o pase á final nas semifinais. Finalizaron terceiros e aseguraron o seu pase directo á gran final do domingo.
Pola súa banda, a dupla formada por Carolina García ( EP Ciudad de Pontevedra) e Sara Ouzande (Kaiak Tudense) acabaron sextas a súa serie do K2 500 e competiron nas semifinais do sábado,quedándose sen opcións de atopar un oco na final ao chegar novenas á meta.
Na final do C2 500, Joan Antoni Moreno (Port de Pollença) e Adrián Sieiro (Piragüismo Poio) foron quintos, mesmo posto que conseguiron na final do sábado de K4 1000 metros os padeeiros Iago Monteagudo (Naval de Pontevedra), Pol Busquets (Banyoles), e os compañeiros do Sela, Alberto Llera e Javier López.
Finalmente, na serie do K4 500, Sara Ouzande (Kaiak Tudense), Laia Pelachs ( Natació Banyoles), Miriam Vega (Real Grupo de Cultura Covadonga) e Carolina García ( EP Ciudad de Pontevedra), pasaron a semifinais tras acabar quintas a súa serie do K4 500 e pelexarán polas opcións de medalla na xornada de clausura do domingo.
Relacionadas:
-
O piragüismo pontevedrés regresa sen medallas do Europeo de Poznan
Por Redacción |
-
Antía Jácome xogarase na 'casa' a súa presenza nos Xogos de Tokyo, o 1 e 2 de xullo
Por Diego Espiño |
-
Éxito pontevedrés na Copa de España de piragüismo sprint disputada en Verducido
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O selectivo júnior e sub-23 en Verducido outorga as primeiras prazas para Europeo e Mundial ao piragüismo pontevedrés
Por Diego Espiño |