Os penaltis dan o pase ao Marín Futsal á segunda eliminatoria polo ascenso a Primeira
Por Redacción
O soño do Marín Futsal de ascender á máxima categoría segue vivo tras superar, non sen sufrimento, a primeira eliminatoria do play-off.
As marinenses recibían na Raña o Txantrea cun cento de afeccionados apoiándoas nas bancadas para o que terminou sendo un encontro vibrante.
O cadro local comezou dominando, e froito diso aos 8 minutos de xogo atopou premio co 1-0, tras unha falta provocada por Jessi Lores que Ceci lanzou e Mar Fernández, en segunda instancia, conseguía bater á gardameta navarra.
Parecía que podía chegar o segundo, e con todo o que chegou antes do descanso foi o empate, obra de Kun.
Seguiunos tentando o Marín Futsal tras o descanso, sen acertar nas súas ocasións. Ían pasando os minutos e os nervios estaban a flor de pel. Calquera detalle podía resultar decisivo.
Sen cambios chegouse ao final do tempo regulamentario, dando paso a unha prórroga de dous tempos de 3 minutos cada un no que o marcador tampouco se moveu.
Decidírían os penaltis, e as locais foron mellores marcando os seus 5 lanzamentos, co último de Marta Gago para selar a clasificación tras o erro de Yari para o Txantrea.