Ponte Caldelas presenta o paso polo municipio do Rallye de Pontevedra
Por Redacción
A Praza de España de Ponte Caldelas acolleu este domingo a presentación do Rallye de Pontevedra onde participaron tres vehículos que estarán na competición automobilística que percorrerá o municipio o sábado 19 de xuño.
O acto consistiu nunha exhibición dalgúns dos vehículos que estarán na competición e na que participarán máis de 120 corredores.
A saída do novo Rallye de Pontevedra será dende Vilarchán, pasando por Mirón, Borela (Cerdedo-Cotobade) e volvendo a Ponte Caldelas pola estrada do Pé da Múa para finalizar o tramo ás portas da Igrexa de Santa Baia.
Na presentación estiveron o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acompañado polos pilotos Roberto Torres, Javier Leiro e Diego Rodríguez, así como diferentes representantes da Escudería Congostra Team.
Con este tipo de eventos deportivos, Ponte Caldelas quere seguir atraendo visitantes e axudar á recuperación da economía local.
Relacionadas:
-
Víctor Senra gaña con autoridade a III edición do Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Rally de Pontevedra, listo para o espectáculo: Estes son os seus horarios
Por Diego Espiño |
-
O Rally de Pontevedra segue adiante con Víctor Magariños na memoria
Por Diego Espiño |
-
Suspendida a V Subida a Ponte Caldelas, que ía estrearse no Campionato de España de Montaña
Por Redacción |
-
Sanxenxo, "porto base" para un Rallye de Pontevedra que xa quenta motores
Por Redacción |
-
O renacido Rally do Albariño pasa a chamarse Rally de Pontevedra por unha disputa de marca
Por Diego Espiño |
-
Sanxenxo e Ponte Caldelas quentan motores para o Rally do Albariño
Por Redacción |