O Cisne vence o Barça e proclámase campión de España xuvenil (32-34)
Por Almu Dapena
Os xuvenís do Cisne proclamáronse campións de España tras vencer ao gran favorito, o Barcelona, por 32-34. Xa fixeran historia clasificándose para a gran final do Campionato pero non querían conformarse só con iso, necesitaban a vitoria e conseguírona. Unha vitoria máis que merecida que pon o broche de ouro a unha tempada impoluta do equipo pontevedrés.
O primeiros catro minutos foron os máis igualados, nos que Barça e Cisne repartiron goles asinando un empate a tres. A partir dese momento produciuse un punto de inflexión, no que os brancos, cunha férrea defensa e aproveitando as imprecisións do equipo rival para portería fixéronse cunha renda de tres goles que obrigaba a Ferrán Torres a parar o tempo (6-9).
Deu coa tecla o técnico azulgrana, apertando o marcador cos tantos de Bruno Reguart e Antonio López (9-10), mentres o Cisne apoiábase no tándem formado por Moura e Virulegio para seguir vivo.
Igualou a contenda Pau Morer para o Barcelona cando se pasaba do ecuador do primeiro acto (12-12) e Víctor Castro, ante tal situación, solicitaba tempo morto e pedía un pouco máis aos seus. Con todo foron os azulgranas os que reverteron a situación, colocándose por diante no electrónico por primeira vez (13-12).
O partido estaba a ser vibrante, con ambos os equipos pelexando cada balón e demostrando unha igualdade máxima que se reflectiu no marcador ata o minuto final (17-17), cando Carlos Álvarez fixo o 18 para o Cisne. Ian Barrufet buscou o mesmo para o Barça nunha contra, pero o seu lanzamento foise lonxe da portería branca e asinaron o 17-18 co que se alcanzou o descanso.
Despois do paso polos vestiarios continuou o empate. Iso si, ata o 24-24, cando o equipo dirixido por Víctor Castro aproveitou os erros nos lanzamentos azulgranas para andosar un 0-3 que os colocou un pequeno pero valioso parcial, que obrigaba ao técnico culé a parar o cronómetro (24-27).
Aínda quedaban 15 minutos por disputar. O Barça optou por unha marca ao home que parecía non dar resultado. Estaban a ser momentos críticos para os favoritos ao título, mentres o Cisne tomábase o seu tempo en cada saída de balón para evitar posibles erros que os puidesen condenar.
Pasaban os minutos e os cataláns tiñan que apertar se querían remontar, pero foi o equipo pontevedrés o que sacou a garra que os define para facer un 30-34 que deixaba practicamente sentenciado o partido a falta dun minuto para o final. Aínda que o Barça reduciu distancias cun parcial de 2-0, o Cisne xa tiña feitos os deberes cando soou a bucina, proclamándose campión de España por 32-34.
Relacionadas:
-
O Cisne xogará na casa o pase á fase final do Campionato de España Xuvenil
Por Redacción |
-
O equipo xuvenil do Cisne, ao asalto un ano máis do Campionato de España
Por Redacción |
-
O Cisne, ante o reto de defender o seu título nacional xuvenil: "Favoritos? Xogamos na casa e temos un bo equipo"
Por Diego Espiño |
-
Catro cisneístas, medalla de bronce no Europeo Xuvenil de Balonmán
Por Almu Dapena |
-
O Cisne renova á súa nova promesa, Daniel Virulegio
Por Redacción |
-
Honras ao Cisne xuvenil campión de España: "Para Pontevedra é un orgullo"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne xuvenil fai historia superando o Anaitasuna e xogará a final do campionato de España (40-28)
Por Almu Dapena |
-
Os xuvenís do Cisne vencen e métense en semifinais do campionato de España (28-24)
Por Manu Otero |
-
O Cisne xuvenil non pode co Granollers e xogarase o pase ás semis esta tarde co Cajasur
Por Manu Otero |
-
Boa estrea do Cisne na fase final do Nacional xuvenil, vencendo o anfitrión BM Elda (23-32)
Por Redacción |