Carmen, Tania e Anita, baixas do Poio na súa visita ao Roldán FSF
Por Redacción
Despois dun inicio de competición soñado, o Poio Pescamar afronta o seu segundo desprazamento da tempada en busca de manter o pleno de vitorias na súa estrea en Primeira División.
O equipo adestrado por Marcio Santos desprázase a terras murcianas para enfrontarse a un Roldán FSF (sábado 19:30 horas) que dende o club vermello cualifican de equipo "correúdo e xa asentado na categoría".
O Roldán iniciou a liga cunha derrota ante o Ponte Ourense a domicilio e un triunfo na casa ante o Viaxes Amarelle.
Marcio deberá recompoñer as súas filas ante as baixas de Carmen e Tania, que quedan na casa por motivos de estudos, ademais da ausencia de Anita, intervida esta semana da súa lesión no menisco.
A convocatoria do Poio Fútbol Sala compóñena: Silvia, Mar, Claudia, Charo, Elena, Peke, Yoly, Kiko, Paloma e Ceci.