Deporte e solidariedade únense nunha pedalada multitudinaria contra o cancro
Por Redacción
Deporte e solidariedade irán da mán o vindeiro sábado na praza da Peregrina de Pontevedra a través da iniciativa 'Pedalea contra o cancro'. Trátase dunha clase maxistral de 'spinning' que se celebrará a partir das 17.30 horas e na que se pretende que os participantes se suban simultaneamente e durante tres horas a 130 bicicletas estáticas en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
A iniciativa organízana conxuntamente a AECC, a empresa Supera e o Concello de Pontevedra co obxectivo de recaudar fondos para a loita e concienciación contra o cáncer, de maneira que todas as persoas que queiran participar poderán facelo aportando un donativo de tres euros.
A actividade prolongarase ata as 20.30 horas e consistirá en tres sesións de 50 minutos que inicialmente están planteada para que realicen dun tirón cada participante, pero pode haber relevos dentro deses 50 minutos . Toda a recadación doarase á AECC. A presidenta desta entidade en Pontevedra, María José Crespo, explicou que os cartos destinaranse a actividades de coidados paliativos (teñen contratados un médico e unha enfermeira), axuda psicolóxica (contan con cinco psicólogos) e tarefas de prevención e investigación.
As persoas con cancro denuncian que se ven afectadas polos recortes e o copagamento farmacéutico
María José Crespo incidiu en que as persoas con cancro tamén se ven afectados pola política de recortes no ámbito sanitario e polo copago farmacéutico recén aprobado por decreto. De feito, 21 dos 40 medicamentes incluídos na nova norma son específicos contra esta enfermidade.
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, presentou a iniciativa confiando en que o tempo axude e o sábado non chova para permitir a pedalada e animando a os pontevedreses a participar porque "é unha aportación pequena e asumible" coa que se pode axudar a moitas persoas.
Julio Pita, xerente de Supera en Pontevedra, destacou que a campaña está a desenvolverse nas 15 cidades nas que a empresa dispón de centros deportivos. En cada unha delas seleccionouse unha organización social sen ánimo de lucro e aquí elixiuse a AECC "porque o cancro é unha enfermidade que directa ou indirectamente nos toca a todos os cidadáns de Pontevedra e limítrofes". Insistiu en que "o deporte é unha medida de prevención" contra esta enfermidade.