Satisfacción na Gimnástica polo "momento doce" que viven as súas categoría de base
Por Redacción
O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra acolleu este mércores o inicio das escolas municipais de atletismo que imparte a Sociedad Gimnástica.
Máis de 120 nenos coñeceron os monitores cos que adestrarán os próximos oito meses os luns, mércores e venres de seis a sete da tarde.
Esta primeira toma de contacto serviu para que dende a Gimnástica se mostrasen satisfeitos do "momento doce" que atravesan as súas categorías inferiores.
Segundo asegura o club pontevedrés "nunca antes tantos mozos pontevedreses se interesaron polo atletismo".
A pesar da alta inscrición o cadro técnico que dirixe José Antonio Córdoba asegura que aínda quedan prazas libres, podendo anotarse os insteresados ata finais do mes de outubro.