Exitoso balance de tempada para o Super Froiz que pecha o ano con 26 vitorias
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz pechou unha nova tempada cuns resultados brillantes que a converten nunha das máis importantes da historia da formación porque "é moi complicado manterse na élite tanto tempo", recoñece Evaristo Portela, máximo responsable dunha estrutura que sumou 26 vitorias, aos que se se une os segundos e terceiros postos, suma ao redor de 75 podios.
O director do Froiz recoñeceu que "foi unha gran tempada porque mostramos unha extraordinaria regularidade e estar tanto tempo como un referente do pelotón é moi gratificante". Trátase unha recompensa, sinalou, "ao esforzo realizado por parte de todos", xa que destacou o gran traballo do equipo. "O ciclismo é un deporte individual que nós lle aplicamos un pensamento colectivo e esa é unha das claves do noso éxito".
Unha vez máis, as voltas por etapas foron un dos principais motores da formación pontevedresa. Nas 26 vitorias sumadas hai catro nas clasificacións xerais de roldas, en concreto da Volta á provincia da Coruña (Antonio de Santiago), ás Comarcas de Lugo (Miguel Gómez), a Zamora (Ángel Vallejo) e a Ávila (Antonio de Santiago).
O conxunto alimenticio estivo a piques de adxudicarse a de Toledo con Sergio Míguez que foi segundo, a de Castellón con De Segovia que tamén foi segundo e Martín Lestido que ocupou ese posto na Volta a Bidasoa. Ademais na Volta a León e na de Galicia os pontevedreses quedáronse ás portas de facerse á vitoria, aínda que se subiron ao terceiro caixón do podio.
Outro dos obxectivos da tempada era o Campionato de España de contrarreloxo que fora preparado a conciencia por Antonio de Segovia logo de alcanzar diferentes postos de podio nas edicións anteriores. O abulense fíxose brillantemente coa medalla de ouro que enxalza a traxectoria da formación. Houbo triunfos do Super Froiz tamén nos campionatos galegos, tanto de fondo como de contrarreloxo.
No balance da tempada, Antonio de Segovia foi o corredor con máis vitorias grazas aos seus nove triunfos, seguido de Ángel Vallejo que logrou seis. Ademais, ciclistas como Miguel Gómez, Raúl García de Mateos, Martín Lestido, Pedro Macías, José Luís Mariño, Noel Martín e Aser Estévez fixéronse con primeiros postos. Con estes resultados, o Froiz situouse, segundo as contas dos equipos, como o líder do ránking nacional con 2.477 puntos.
Relacionadas:
-
Aser Estévez e ÿscar González, do Froiz, campións galegos contrarreloxo
Por Redacción |
-
Triunfo de Antonio De Segovia para o Froiz na Volta a Ávila
Por Redacción |
-
Triunfo de Angel Vallejo e o Super Froiz na Volta a Zamora
Por Redacción |
-
Antonio de Segovia proclámase campión de España contra o reloxo en categoría Elite
Por Redacción |