O TM Monte Porreiro triunfa no Malov Galicia Másters
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro segue sumando éxitos. O último foi este sábado no Malov TM Galicia Másters, onde Martín Betancor e Nico Galvano accederon á final masculina, e Noelia Santiago e Mariña Trelles á semifinal feminina.
O torneo, organizado polo Club Oroso TM, reuniu ás mellores raquetas de tenis de mesa nacionais e estranxeiras, entre os que se atopaban os xogadores do equipo pontevedrés.
Na fase masculina os xogadores arxentinos do Monte Porreiro proclamáronse primeiros do grupo A e B, accedendo á final do torneo na que Betancor venceu Galvano, proclamándose campión do torneo.
Pola súa banda, Noelia Santiago e Mariña García pasaron á semifinal na que caeron ante a rusa Viktoria Levedeba e o chilena Cristal Meneses respectivamente.
Aí non quedaron os triunfos do club pontevedrés, senón que a xogadora infantil de primeiro ano, Mariña, venceu por unha axustado 3-2 á considerada a mellor xogadora de España de tenis de mesa en idade infantil, Sofía Couce, do Narón. Ademais, a outra xogador infantil, Laura Forte, gañou á alevín Miao Chen, do Club do Mar de San Amaro.
Este domingo tamén se disputa Narón o Campionato Gallego benxamín e xuvenil e este luns, 17 de maio, o Campionato Galego Sénior e Veterano onde o Monte Porreiro terá unha ampla representación.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro ata na última xornada a permanencia na Superdivisión
Por Diego Espiño |
-
Empate e derrota do TM Monte Porreiro que segue metido na loita pola permanencia
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro refórzase co regreso do olímpico arxentino Horacio Cifuentes
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro rasca un valioso empate nunha complicada concentración da Superdivisión
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro presume de título na Primeira Nacional Feminina
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro rompe teitos
Por Manu Otero |