A permanencia do Teucro, un paso máis preto tras a súa vitoria en Málaga (24-26)
Por Almu Dapena
A Sociedade Deportiva Teucro sumou este sábado dous puntos máis que valiosos na súa pelexa pola permanencia en División Honra Prata. Os de Irene Vilaboa, que mostraron moi boa imaxe na primeira metade colocándose con ata catro goles de renda, sufriron ata o último suspiro ante un Málaga que chegou a poñerse por diante.
As imprecisións en ataque foron a tónica do primeiros catro minutos, que se saldaron cun tanto para cada conxunto. Marko Dzokic puxo por diante ao Teucro por primeira vez no encontro, e entre Samu Pereiro e Remeseiro aumentaron unha renda en dous goles que se mantivo ata alcanzado o minuto 12 (5-7).
Os azuis estaban difrutando do seu xogo ante un Málaga ao que non lle estaba saíndo nada e tiña que parar o crónometro. Víctor Deco estaba a ser moi efectivo desde os seis metros e Marko Dzokic moi áxil atopando espazos entre a defensa rival e poñendo en aprietos aos andaluces (min. 17, 6-10).
O Teucro pasou a xogar os seus peores minutos, aproveitándoos o equipo local para endosar un parcial de 3-0 que os colocaba a un gol do empate. Miguel Sío cortou seguíaa goleadora do Teucro de case tres minutos, mantendo vivo ao seu equipo cunha diferenza de dúas tantos que se mantivo ata alcanzar o descanso (12-14).
Anotou Carlos González para o Málaga nada máis saír á cancha e Víctor Deco para o Teucro, pero foron os locais os que estiveron máis acertados en ataque para adiantarse no marcador (16-15).
Durante os seguintes minutos produciuse un continuo intercambio de goles por parte de ambos os conxuntos, mantendo unha total igualdade a falta de seis minutos para o final (25-25). Nese momento o Teucro fíxose grande en defensa para frear a chegada do equipo malagueño, mentres Roi Sierra e Dzokic anotaban un parcial de 0-2 que daba esperanzas aos seus (25-27).
Juan Agustín reduciu distancias co 26-27, pero os de Irene Vilaboa, lonxe de tirar a toalla, aproveitaron o seu último ataque para, por mediación de Roi Sierra, anotar o 26-28 sobre a bucina.
Con esta vitoria a Sociedade Deportiva Teucro colle aire na súa loita pola permanencia aínda que segue sexto a un punto do Ikasa Madrid. Agora, aos de Lérez quedan dous finais por diante ante o Trapagaran e o propio equipo madrileño, que marca a salvación.
Relacionadas:
-
Irene Vilaboa renova e afrontará a súa segunda campaña como adestradora do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Vida ou morte para o Teucro en Madrid
Por Redacción |
-
O Teucro vence na casa o Trapagaran e dependerá de si mesmo na última xornada (29-26)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Puntuar en Málaga para depender de si mesmos, obxectivo dun Teucro coa auga ao pescozo
Por Redacción |
-
O Teucro, impotente en ataque, cae con claridade co Amenabar Zarautz (23-30)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Teucro celebra o seu 76 aniversario con sorteos para os seus afeccionados
Por Redacción |