O deporte pontevedrés, pendente do Preolímpico de piragüismo en Hungría
Por Diego Espiño
Os Xogos Olímpicos de Tokyo están a só un paso para tres deportistas pontevedresas, aínda que quizais sexa o paso máis complicado de dar.
Antía Jácome, Antía Otero e Carolina García, as tres deportistas da Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, buscarán esta semana na localidade húngara de Szeged a súa clasificación no Preolímpico Continental, ao que lograron acceso no recente control selectivo organizado pola Real Federación Española de Piragüismo en Trasona.
Aínda que a competición en Hungría dará comezo este mércores 12 de maio, a súa quenda de loitar por Tokyo 2021 non se producirá ata a xornada do xoves.
A pesar de lograr no selectivo un dobre pasaporte ao Preolímpico (C-1 200 e C-2 500), os técnicos da Federación decidiron que Antía Jácome se centre no barco dobre xunto á súa compañeira Antía Otero, deixando a canoa individual para María Corbera (Piragüismo Aranjuez). É aí onde ten máis opcións, con dúas prazas en xogo por unha no individual, e ademais no caso de lograr o billete olímpico en Xapón, podería dobrar coa proba do C-1. De ser Corbera a que conseguise a clasificación, podería disputarlle a praza nun novo selectivo, e tamén ten a opción de acudir ao Preolímpico Mundial en Rusia, só para barcos individuais.
A final do C-2 500 no que remarán as 'Antías' está fixada para as 19.04 horas do xoves.
Xusto a continuación, ás 19.12 horas, será a quenda do K-2 500 de Carolina García facendo equipo coa asturiana Sara Ouzande (Kayak Tudense) se logran meterse previamente na final. Nesta proba só logrará a clasificación para Tokyo a embarcación que gañe a proba.
Un día antes, tamén buscará o mesmo obxectivo o cangués David Barreiro (Breogán do Grove) no C-1 1.000 metros.
Tras o Preolímpico, do 14 ao 16 de maio, disputarase en Szeged a I Copa do Mundo 2021, no que tamén estará Teresa Portela no K-1 200 metros.
Relacionadas:
-
Copa de España e selectivo encherán de padeeiros o encoro de Verducido esta fin de semana
Por Manu Otero |
-
Carolina García e Sara Ouzande despídense dos Xogos coa cabeza alta tras ser terceiras no Preolímpico
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero rozan a clasificación pero quedan sen praza olímpica no C-2
Por Diego Espiño |
-
Carolina García métese na final de K-2 do Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
O virus de Epstein-Barr, un inimigo silencioso que deixou a Sergio Vallejo e Adrián Sieiro sen Xogos Olímpicos
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero gañan o selectivo do C-2 500 e tamén se clasifican para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome consegue o pase ao Preolímpico no C-1 200
Por Diego Espiño |
-
Carolina García consegue primeiro billete pontevedrés para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |