Pablo Dapena confirma o seu bo estado cun segundo posto no Challenge Riccione
Por Almu Dapena
Pablo Dapena segue demostrando o seu bo estado de forma. Despois de lograr unha brillante segunda posición en Gran Canaria a pasada fin de semana, o pontevedrés volveu a repetir posto no Challenge Riccione (Italia). Só Thomas Steger foi capaz de arrebatarlle a vitoria nos últimos quilómetros.
A proba, de media distancia, comezou ao redor das 9:30 co segmento 1.900 metros de natación. O primeiro en saír da auga foi Peter Heemeryk, seguido moi de preto de Pablo Dapena (10 segundos).
No tramo de 90 quilómetros de ciclismo, formouse un grupo de sete corredores con Mattia Ceccarelli na cabeza, a 30 segundos de Dapena. Ceccarelli ampliou a súa vantaxe para chegar en solitario á T2, con 1:22 de vantaxe sobre Frederick Funk e Giulio Molineri. O pontevedrés, pola súa banda, afastábase 2 minutos.
Xa na carreira de 21 quilómetros a pé, Pablo foi recortando tempo, chegando á primeira volta en segunda posición a menos dun minuto do líder Ceccarelli. Dapena colocouse primeiro da proba no quilómetro cinco, marchando en solitario ata a última volta, cando Steger, que foi escalando posicións, apertou ata alcanzar ao pontevedrés. Xuntos, percorreron os últimos quilómetros ata que o austríaco pegou o último sprint ata facerse coa vitoria cun tempo de 3:52:34. Pablo Dapena chegou segundo con 3:53:54, terceiro foi Sebastian Kienle, e Ceccarelli cuarto.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena chega ao ecuador da tempada cun bronce no Challenge Gdansk
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena e Saleta Castro buscan o asalto ao olimpo da franquía Challenge en Austria
Por Redacción |
-
Pablo Dapena, á fronte do World Bonus da franquía Challenge tras o seu segundo posto en Italia
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, a confirmar o seu bo momento de forma no Challenge Riccione
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, subcampión no Challenge Mogán de Gran Canaria
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Pablo Dapena ponse a punto no Dúatlon Movéndonos por Poio, con Aida Valiño como vencedora feminina
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |