Poio presenta o novo Club de Tenis de Raxó
Por Redacción
Este venres celebrouse a presentación do novo Club de Tenis de Raxó no Centro Cultural Xaime Illa. A concelleira de Deportes, Marga Caldas, foi a encargada de presidir o acto no que tamén estiveron responsables da Sociedade Cultural e Deportiva Raxó e directivos da nova entidade.
A edil do Goberno local explicou que o Concello realizará unha importante mellora nas pistas, que, entre outras novidades, pasarán a ser cubertas.
Pola súa banda, a Liga de Verán de tenis vivirá a súa sexta edición nas pistas de Monte Baldío dende o vindeiro 17 de maio e concluirá o 22 de agosto. Ademáis desta liga, o club tamén organiza a Liga de Inverno, unha iniciativa coa que "cada vez son máis as persoas que participan e que se animan a practicar esta modalidade", salientou Caldas.
Finalmente, a concelleira de Deportes expresou o seu desexo de que as instalacións de Monte Baldío se consoliden como "referente para que as crianzas poidan gozar con esta práctica".