Pontevedra será sede dun dos sectores do Campionato de España Xuvenil Masculino de balonmán
Por Diego Espiño
Tras o seu recente título autonómico, conseguido na fase final da Liga Galega celebrada en Pontevedra, o equipo xuvenil masculino do Club Cisne terá a oportunidade de xogarse na súa casa o pase á fase final do Campionato de España.
A Real Federación Española de Balonmán concedeu a Pontevedra a organización dun dos oito sectores do campionato nacional xuvenil, no que o Cisne exercerá de anfitrión.
Este sector terá como sede o Pavillón Municipal dos Deportes os días 14, 15 e 16 de maio, poñendo en xogo un billete para a fase decisiva do Campionato, onde estarán os oito mellores equipos do país.
Nese selecto club estivo en varias ocasións nas últimas tempadas un Cisne que quere seguir colocando á súa canteira no mapa, e que ten como espello a histórica medalla de bronce conseguida na edición de 2018.
Como rivais os pontevedreses terán ao Finetwork Gijón, Bidasoa Irún e Abanca Ademar de León.
A competición, en formato de liguiña a unha volta, comezará o 14 de maio co Cisne xogando contra o Bidasoa. Pola súa banda o día 15 o rival será o Finetwork Gijón e por último o domingo 16 enfrontarase ao Ademar de León.
Relacionadas:
-
O Cisne, brillante en defensa, esmaga o Gijón no Nacional Xuvenil (28-15)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Convincente estrea do Cisne no sector do Nacional Xuvenil superando con claridade o Bidasoa (30-23)
Por Diego Espiño |
-
O Cisne, a por todas como local nun sector do Nacional Xuvenil "complicado"
Por Diego Espiño |
-
Os xuvenís do Cisne esmagan ao Luceros e proclámanse campións da Liga Galega (29-34)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Os xuvenís do Cisne tiran de épica para colgar o bronce no campionato de España
Por Redacción |