O último tren cara aos Xogos de Tokyo leva a Lydia Pérez ata Bulgaria
Por Diego Espiño
Lydia Pérez Touriño leva xa uns días en Bulgaria preparándose para un reto maiúsculo, buscar a clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokyo.
A deportista pontevedresa participou desde o día 26 de abril nunha concentración da Selección Nacional na localidade de Samokov, na que afinou a súa posta a punto para o torneo Preolímpico Mundial de Loita que dará comezo o vindeiro mércores día 6 na capital búlgara, Sofía.
É o último e definitivo tren cara aos Xogos, e nel quérese subir a representante do Club de Loita Pontevedra tras a súa boa imaxe no clasificatorio europeo celebrado recentemente en Budapest no que foi eliminada pola Mariana Cherdivara nun apertado combate (2-1).
Para lograr o billete olímpico, Lydia Pérez deberá chegar á final do torneo en Sofía, nunha categoría de 62 quilos que ten previsto entrar en acción o vindeiro venres día 7.
Trátase da "cita máis importante do que vai de ano.... a última oportunidade para gañar o pasaporte a #Tokio2021", recoñeceu en redes sociais o seu club, o Loita Pontevedra, mandándolle todos os ánimos posibles. Non estará soa no desafío, e é que con ela puido viaxar esta vez o seu adestrador, o tamén pontevedrés Marcos Miragaya.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez cae nos oitavos de final do Preolímpico e di definitivamente adeus a Tokyo
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez cae en cuartos de final do preolímpico europeo de loita
Por Diego Espiño |
-
Marcos Miragaya analiza o reto de clasificación olímpica de Lydia Pérez: "Ten nivel para ter opcións"
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez inicia en Niza a conta atrás cara ao Preolímpico
Por Redacción |