O Río Verdugo de Piragüismo, un club que está quedando pequeno
Por Almu Dapena
O Club de Piragüismo Río Verdugo é un dos equipos máis modestos da comarca. Con todo, nestes momentos está a quedarse pequeno. En tan só dous anos as incripciones aumentaron a máis de 40 cando normalmente contaban con ao redor de 15.
Un deporte individual que se viu favorecido pola pandemia. "Vino bien", explica a adestradora do club, Rocío Pazos. Provocou que os deportes de contacto freasen a súa actividade e que os nenos e nenas que xa estaban no club falasen cos seus contactos. "El boca a boca está suponiendo que cada vez se apunten más niños. No hay problema por mantener la distancia. Cada persona tiene su material y no hay posibilidad de contacto, así que siguieron entrenando", xustifica Pazos.
Todo iso, sumado ao lugar onde adestran, é un punto a favor para o equipo. A ponte romana sobre o Río Verdugo é o escenario perfecto para a práctica deste deporte. "No dependemos de las mareas ni de las olas, podemos entrenar siempre", asegura a técnica.
Aínda que o regreso á normalidade parecía que ía supoñer que as 'novas fichaxes' regresasen ao seu deporte habitual, non foi así, senón que seguen paleando para superarse día a día. Vaia se se están superando. "Normalmente iban 8 niños y niñas a las competiciones y este año la cifra se ha duplicado".
E os resultados son o de menos, pero Rocío móstrase ilusionada coa traxectoria do equipo no que vai de ano. Os nenos e nenas do club "están subiendo al podio y quedando de la mitad para arriba en la clasificación", algo impensable hai uns anos.
A adestradora tamén está contenta polo ambiente que se creou no club. "Es sano y hay mucha piña". De feito, sen ir máis lonxe, esta fin de semana os maiores cambiaron o seu día de adestramento para poder ir animar aos máis pequenos na liga Provincial celebrada o sábado, onde o Club Piragüismo Río Verdugo conseguiu o undécimo posto con 2924 puntos