O Porriño Industrial sorprende ao Portonovo en Baltar (1-3)
Por Redacción
Primeira derrota na casa do Portonovo de Ricardo Fernadez, que non perdía en Baltar dende hai máis dun ano.
O conxunto arlequinado viuse sorprendido no seu feudo polo Porriño Industrial (1-3) nun partido que os visitantes encarrilaron na segunda metade despois da expulsión do local Melchor. O resultado nese momento era de empate a un tanto.
Adiantárase moi pronto o Porriño, no minuto 4 grazas ao gol de Pedro, pero o Portonovo reaccionou ben e logrou empatar ao fío do descanso cun tanto de Silva.
No segundo acto, xa con superioridade numérica, o conxunto visitante sentenciou con goles dous goles de Javi.
PORTONOVO SD (1): Marcos Bermúdez, César, Renda, Dopazo (ÿscar García, min.69), Suso Bea (Iván, min.69), Melchor, Luis Alberto, Silva, Víctor, Nacho, Suso Vidal.
PORRIÿO INDUSTRIAL CF (3): Samu, Álvaro, Manu, Samuel, (Marcos, min.77), Roberto, Fali, Pedro (Brian, min.80), Javi (Brais, min.85), Eloy, Taran, Quini.
Árbitro: Soto Pérez (Santiago). Amoestou a Nacho e ao adestrador Ricardo Fernández no Portonovo e a Álvaro, Samuel, Fali, Brian e Quini. Expulsou por dobre cartón amarelo ao xogador local Melchor (min.53).
Goles: 0-1 Pedro, min.4; 1-1 Silva, min.44; 1-2 Javi, min.59; 1-3 Javi, min.82.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.