Experiencia 'olímpica' en Manchester para os deportistas do Mat's
Por Redacción
Non estarán en Tokyo, pero París 2024 aparece no horizonte como un soño non tan afastado para eles, e por iso calquera experiencia acumulada pode resultar moi valiosa.
Con esa idea o Mat's de Marín desprazouse ata a localidade inglesa de Manchester, convidados a unha concentración co equipo olímpico do Reino Unido.
Alí atópanse os deportistas Iván García e Arlet Ortiz, xunto a Pablo Patiño (Patiño Moaña) e Jesús Benito, técnico do Mat's.
Uns adestramentos de calidade dos que empaparse e de paso preparar a súa próxima participación no Campionato de España Sénior, mentres que por parte británica afinan a súa posta a punto para Tokyo.
Toda unha oportunidade para seguir mellorando para, nas súas próximas competicións, ir gañando postos no ranking dos seus respectivos pesos.
Relacionadas:
-
Iván García segue de doce e cólgase o ouro no Open de España de taekwondo
Por Redacción |
-
Iván García, bronce no Campionato de Europa Sénior de Taekwondo
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz deixa atrás o seu peche en Turquía e volve a casa tras superar a covid
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz dá positivo por covid en plena competición do Open de Turquía, no que Iván García leva o ouro
Por Redacción |