Supermercados Froiz e Farto, pendentes da Copa de España
Por Redacción
O ciclismo pontevedrés ten unha dobre cita a fin de semana coa Copa de España Elite e Sub-23.
Na competición masculina o Grupo Deportivo Supermercados Froiz afronta a cuarta cita puntuable do calendario, coa X Clásica Valladolid Memorial Angel Lozano o 25 de abril na que, a priori, será unha xornada cun percorrido máis favorable aos seus intereses e na que se prevé que o vento poida ser protagonista.
A escuadra alimenticia con Pablo Alonso, décimo na xeral da Copa xunto a Ramón Fernández (21º na xeral) como os mellores colocados do equipo acompañado por Daniel Jiménez, Nicolás Antorena, Manuel Rodríguez, Diego Martín Lázaro e Santiago Cadavid.
Pola súa banda o Team Farto - BTC estará presente na carreira inaugural da Copa de España Mulleres co Gran Premio Féminas, na localidade vasca de Beasain.
Co empuxón moral que lle dá ás pontevedresas liderar polo momento o ranking nacional, o Farto tentará conseguir os maiores puntos posibles nunha carreira na que estará presente o mejorcito do pelotón nacional.
Enara López debutará co equipo recuperada do atropelo que sufriu en pretempada, completando o equipo Sara Bonillo, Liliana de Jesus, Agnieta Francke, Pilar Jiménez, Sandra Moral, Diana Pedrosa, Anna Pujol e Teresa Ripoll.
"Os obxectivos para as Copas de España son dobre: por unha banda, que as líderes do equipo collan ritmo de competición para preparar as carreiras profesionais; por outro, que o resto de ciclistas, sobre todo as novas, poidan disputar as súas propias opcións", recoñeceu o mánager do Farto, Brais Dacal.
Relacionadas:
-
Bo traballo do Supermercados Froiz na Santikutz Klasika da Copa España
Por Redacción |
-
Supermercados Froiz e Farto mostran boa imaxe na Copa España pero regresan sen premio
Por Redacción |
-
O Farto mira cara ao inicio da Copa de España tras asinar un sétimo posto en Valencia con Agnieta Francke
Por Redacción |
-
O Froiz recupera o pulso da Copa de España cun noveno posto de Pablo Alonso en Torredonjimeno
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz, recibido con honras na Deputación
Por Redacción |
-
Ramón Fernández, o mellor do Froiz no Memorial Valenciaga cun noveno posto
Por Redacción |