A travesía a nado entre Ons e Combarro abre inscricións cun límite de 120 prazas pola covid
Por Redacción
A Tripla Coroa Illas Atlánticas de natación en augas abertas ten previsto chegar ao seu fin o próximo 4 de setembro coa última das súas probas, unha travesía a nado entre a Illa de Ons e Combarro.
A competición, aprazada o pasado ano debido á covid, anunciou agora a apertura das súas inscricións, que poderán formalizarse a partir do 26 de abril. Farao iso si con limitacións pola pandemia, ao establecer un máximo de 120 deportistas participantes para garantir a seguridade dos deportistas.
Desta forma os primeiros que poderán inscribirse, ata o 3 de maio, serán os nadadores que participaron nas dúas anteriores probas do desafío (105 en total), estando o resto de prazas dispoñibles a partir desa data.
As inscricións poderán formalizarse ata o 1 de agosto a través da páxina web www.championchipnorte.com.
En conto á travesía entre Ons e Combarro, contará con 23 quilómetros de percorrido partindo da praia Area dos Cans, na illa do Parque Nacional Illas Atlánticas, pasará pola praia de Silgar en Sanxenxo e percorrerá toda a costa ata chegar á Praza da Chousa de Combarro, onde se instalará a meta.
Relacionadas:
-
Alberto Taboada e Andrea de la Hera, gañadores da travesía a nado entre Ons e Combarro
Por Redacción |
-
120 deportistas nadarán este sábado desde Ons a Combarro
Por Redacción |
-
Embarcacións tradicionais para asistir, entre Ons e Combarro, aos nadadores da Tripla Coroa
Por Redacción |
-
A Tripla Coroa Illas Atlánticas pon data á travesía aprazada entre Ons e Combarro: 4 de setembro de 2021
Por Redacción |
-
Aprazada a 2021 a travesía a nado entre Ons e Combarro polo coronavirus
Por Redacción |