O Farto mira cara ao inicio da Copa de España tras asinar un sétimo posto en Valencia con Agnieta Francke
Por Redacción
Despois de aprazamentos e suspensións, a Copa de España Féminas Elite e Sub-23 de ciclismo na estrada está a piques de levantar o pano e con ela un Team Farto - BTC que acumula boas sensacións no inicio da tempada.
O conxunto pontevedrés, no seu primeiro curso como equipo profesional de categoría UCI Continental, vén de conseguir a pasada fin de semana un sétimo posto na III Volta Comunitat Valenciana con Agnieta Francke.
A ciclista do Farto meteuse no sprint polo triunfo nunha chegada masiva, na que a mellor foi Chiara Consonni (Valcar - Travel & Service). Ademais Sara Bonillo entrou en meta no posto 17 sumando puntos UCI, e as súas compañeiras Tere Ripoll, Sandra Moral e Melissa Maia tamén entraron no grupo principal. A cruz foi para Carla Fernández, que tivo que abandonar a 4 quilómetros do final debido a unha lesión muscular.
Tras esta cita, que reforza a competitividade do equipo, a Copa de España dará comezo este próximo domingo 25 de abril na localidade vasca de Beasain, coa Igartza Sari Nagusia (Gran Premio Igartza).
Relacionadas:
-
O Team Farto fai balance da súa primeira gran rolda profesional por etapas, a Volta Comunitat Valenciana
Por Redacción |
-
Supermercados Froiz e Farto, pendentes da Copa de España
Por Redacción |
-
O Farto pisa o podio na súa primeira carreira como equipo profesional
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Agnieta Francke, última fichaxe do Farto-BTC, que pecha unha equipa versátil de 14 corredoras
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
As lesións de Enara López, fichaxe do Farto, tras sufrir un atropelo son máis graves do esperado
Por Redacción |
-
O Team Farto vístese de Galicia para a súa estrea como equipo profesional UCI Continental Feminino
Por Redacción |