A Seca estréase en Primeira División co partido entre Poio Pescamar e Ponte Ourense
Por Redacción
Repetir o precedente de pretempada será complicado, pero é o obxectivo do Poio Pescamar ante a visita do Ponte Ourense ao pavillón da Seca (sábado 18:30 horas).
Naquel entón as rapazas de Marcio Santos impuxéronse ás ourensanas por un claro 5-2, pero a competición oficial é outra historia e as vermellas son conscientes da dificultade.
Será a estrea como local do Poio Fútbol Sala na máxima categoría, despois de vencer na primeira xornada a domicilio en Móstoles. Un partido no que a única baixa local será a de Anita.
En fronte, un bloque enchido de internacionais como Marta, Vane, Laura Fernández ou Rosangela.
PRESENTACIÿN DE TODOS OS EQUIPOS DO CLUB
Antes de afrontar a xornada de competición, o Poio Fútbol Sala realizou a presentación oficial dos 16 equipos do club, elixindo para iso as instalciones do seu principal patrocinador, Conservas Pescamar.