Importante vitoria do Arosa na súa visita ao Somozas (0-1)
Por Almu Dapena
O Arosa afrontou este domingo outra proba de lume para a fase de ascenso. Despois do recital de xogo que deron na xornada pasada, os de Rafa Sáez desprazáronse a Somozas, onde volveron demostrar que teñen o obxectivo fixado para facerse con outros tres puntos grazas ao gol de Pedro Beda ao bordo do descanso.
Comezou mandando o Somozas, que tivo a primeira ocasión aos cinco minutos. Pablo Rey, a balón parado desde a esquina, enviou o esférico ao a escuadra de Álex Cobo, que sacou unha boa man para evitar o gol local.
O partido non tiña dominador claro co paso dos minutos, pero eran os locais os que mellores chegadas protagonizaban. No minuto 18 tívoa Álex Cabarcos tras unha boa xogada individual en banda esquerda, penetrouse na área pero nin Rojo, nin Marcos, foron capaces de rematar.
Seguiu perdoando o Somozas pero non o Arosa. Primeiro tivo a ocasión de adiantarse co disparo de Pedro Beda, previo centro de Jorge Fajardo, pero o balón foise alto.
Xa ao bordo do descanso, o equipo arlequinado non perdoou e, esta vez si, Pedro Beda sacou un zurdazo desde fóra da área que se coou pola escuadra de David Gómez, onde non puido chegar.
Tras o paso polos vestiarios puido empatar o Somozas. Con todo, Álex Cobo foi máis listo e adiantouse ao defensa para despexar de puños.
O Arosa tamén foi quen de aumentar a súa renda aproveitando un fallo de Garrido. Kilian quedou só nun man a man co gardameta local, que salvou aos seus do dobre castigo.
Os ánimos do Somozas non decaeron, senón que conseguiron arrinconar ao Arosa no seu propio campo e obrigarlle a xogar ao contragolpe en cada roubo de balón.
Javi Otero tivo nas súas botas a sentenza cun contraataque individual, pero o seu disparo foise polo lateral da portería do equipo local.
Xa na recta final, Bruno Bellas centrou para Iago Blanco, que tivo a oportunidade de empatar o encontro e asinar un empate. Con todo, foi o Arosa o que soubo aguantar para facerse cunha nova vitoria.
Consulta a acta do Somozas-Arosa
Relacionadas:
-
O aprazado Arosa-Somozas xogarase o 23 de maio, e a fase de ascenso desde o 30
Por Redacción |
-
Aprazado o partido entre o Arosa e o Somozas ao detectarse un positivo por covid no equipo coruñés
Por Redacción |
-
Adeus ás opcións de ascenso directo para o Arosa tras caer en As Eiroas co Bergantiños (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Ribadumia levan os tres puntos ante o Polvorín e o Arzúa
Por Almu Dapena |
-
Recital do Arosa na Lomba para vencer o líder Bergantiños (3-1)
Por Almu Dapena |
-
O Arosa inicia o seu camiño ao ascenso con derrota ante o Polvorín (1-0)
Por Redacción |