O Barça non da opcións ao Cisne (43-21)
Por Manu Otero
Un partido de Asobal pode caer de calquera lado, salvo que xogue o Barça. O cadro catalán domina con puño de ferro o balonmán nacional desde hai anos e a última vítima da súa tiranía foi o Cisne, que tratou de competir da mellor forma posible no Palau pero que en ningún momento tivo opción nin de rabuñar ao xigante blaugrana.
Os locais desbordaron aos visitantes en todas as facetas do xogo, pero a inspiración ofensiva de Dika Mem e de Diamina Doucou foi a arma máis efectiva dos cataláns.
Sen deixar de competir en ningún momento, os brancos claudicaron moi pronto. Nos compases iniciais de partido reinou a igualdade. Adiantáronse o locais pero os de Jabato foron capaces de igualar o marcador a dous tantos. Foi entón cando os de Xavier Pascual pisaron o acelerador e deixaron ao Cisne na cuneta.
O últimos dez minutos do primeiro tempo foron os de maior dominio local, nos que o Cisne apenas puido buscar opcións de lanzamento. Cunha desvantaxe de once puntos fóronse ambos os equipos ao descanso. Tras a continuación, o furacán subiu de categoría e varreu ao Cisne do mapa cun parcial de 13-0 que deixou o partido visto para sentenza.
Nos últimos minutos a intensidade do xogo decreceu e o Cisne puido ampliar a súa renda goleadora nun partido inalcanzable pero que sempre é útil para seguir tomándolle o pulso a unha categoría da que o cadro pontevedrés espera non despedirse.
Podes consultar nesta ligazón todas as estatísticas do partido.
Relacionadas:
-
Descenso matemático do Cisne tras perder na cancha do Bidasoa (29-14)
Por Diego Espiño |
-
"Disfrutar de la liga", obxectivo para un Cisne que pode certificar o seu descenso na cancha do Bidasoa
Por Diego Espiño |
-
O Cisne cae con orgullo ante un Valladolid superior (25-30)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Atlético Valladolid visita o Municipal na primeira das seis finais que lle restan ao Cisne
Por Redacción |
-
Pequeno respiro para un Cisne que aspira a dar guerra no tramo final da tempada
Por Diego Espiño |
-
A precipitación e fraxilidade defensiva privan ao Cisne de loitar pola vitoria (26-34)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |