Luisito pide o apoio da afección para derrotar ao Lealtad e evitar o descenso
Por Manu Otero
O Pontevedra afronta este domingo uno dos partidos máis importantes da segunda fase da competición. Os granates reciben ao Lealtad, ao que avantaxan en tres puntos e que marca a entrada en postos de descenso. E farano sen Charles por sanción, sen Jorge Fernández por lesión e, probablemente, sen Rufo, afectado dun problema muscular. Por iso, Luisito pide á afección deixar ao carón a "desilusión" para "botar unha man" ao equipo e liquidar da mellor forma posible unha campaña errada.
Despois de enumerar as virtudes dun rival, un dos máis rochosos da categoría, encoméndase o técnico granate para o efecto Pasarón. "Nós xogamos na casa e as 1.000 persoas que van vir van facer como se foran 4.000. Ese é o noso activo máis grande que temos. Necesitamos o apoio da xente porque son partidos importantísimos", declarou.
Non é alleo o preparador á desazón da parroquia granate, que ve como o equipo loita por manterse na 2ª RFEF en lugar de pelexar polo ascenso a Segunda División. "Entendo a desilusión da xente, pero o equipo necesita a axuda da xente. Sei o que nos custou chegar aqui e non quero saír de aqui. Entendo que se sintan mal. Pero o único que lle pido de favor é que nos boten unha man porque necesitamos o apoio deles", sinalou.
Neste sentido tamén realizou unha férrea defensa dun das grandes figuras do equipo. Luisito destacou o traballo realizado por Charles no último partido no que forzou un penalti e tivo nas súas botas o tanto da vitoria. Todo xogando nunha posición, a do extremo dereito, que xa non lle resulta tan familiar. "É un xogador moi intelixente, por iso se mantén tantos anos a un nivel tan alto", dixo, entre incontables afagos, o adestrador.
Tamén explicou os recentes cambios no once. A entrada de Álvaro Cortés por Mario Fernández na portería asúmea como propia."É unha decisión miña. Non teño nada contra Mario, é un profesional íntegro. Pero Álvaro estao facendo moi ben e son decisións que tomo polo ben do equipo. Non é nada persoal e nunca na miña vida tomei unha decisión persoal perxudicando ao equipo", remarcou.
Tamén Santi Figueroa acabou gañando a partida a Aitor no lateral dereito. "Santi esta adestrando moi ben e o vexo a mellor nivel que Aitor. Eu non me caso con nadie", dijo para justificar que en sus primeros partidos fuese el canterano el que se quedase en el banquillo. No obstante, quiso matizar que "Aitor está adestrando moi ben e é un profesional modélico".
O que parece que seguirá sen ter oportunidades é Pitu. A fichaxe de inverno aínda non debutou ás ordes do técnico de Teo, quen considera que "é complicado, porque no seu posto hai moitísima xente". Un dos que parece ter máis opcións que Pitu, polas declaracións de Luisito é Iñaki. "Tamén está xogando moi pouco. O perxudico por beneficiar ao filial, que hai que ascendelo. Iñaki é dos meus e estou convencido de que será moi bo futbolista", confesou.
Sobre o rival deste domingo, Luisito destaca a fortaleza defensiva e espírito de equipo do Lealtad. "É un equipo moi traballado a nivel defensivo e superfísico, moi dificil de superar. Son supersolidarios, traballadores e están moi ben armados, como todos os equipos asturianos", explicou o de Teo, quen engade que as incorporacións de xogadores de otraos territorios serviu para " darlles un plus".
Relacionadas:
-
A loita pola permanencia na Segunda RFEF, nun puño
Por Diego Espiño |
-
Rufo lesiónase e o Pontevedra queda sen dianteiros para recibir o Lealtad
Por Manu Otero |
-
Imanol pide centrarse nas seis xornadas que quedan e deixa no aire a súa continuidade como granate
Por Manu Otero |
-
O granate Jorge Fernández sofre unha escordadura de xeonllo e podería estar de baixa tres semanas
Por Manu Otero |
-
Xornada de táboas e o Pontevedra segue líder no sprint por escapar da 3ª RFEF
Por Manu Otero |