Pontevedra brinda polos seus campións mundiais
Por Diego Espiño
Seis títulos mundiais contémplanos, ambos os dous lograron o seu último campionato hai poucos días, e ambos os dous son veciños de Pontevedra.
ÿscar Graña é natural da cidade de Lérez, "el mejor deportista nacido en Pontevedra de todos los tiempos", segundo o concelleiro de Deportes Agustín Fernández. A súa disciplina, o piragüismo maratón. Tres oros mundiais ademais de medallas en europeos e outras competicións ás súas costas.
Son os mesmo títulos que Javier Gómez Noya en triatlón, ao que tamén suma unha medalla olímpica. "Aínda que non naceu aquí é xa un máis de Pontevedra", asegurou Fernández na súa presentación.
Dous deportistas de elite que recibiron unha merecida homenaxe por parte do Concello de Pontevedra no Pazo de Mugartegui, onde só faltaba o tamén pontevedrés Álvaro Fiuza, prata no Mundial de piragüismo maratón e que se encontra estes días en Oviedo, onde adestra.
No acto o concelleiro de Deportes asegurou que vería con bos ollos unha candidatura en favor de Graña ou Gómez Noya aos Premios Cidade de Pontevedra, antes de que o alcalde, Miguel Fernández Lores, concluíse o acto sinalando que "o seu traballo é un exemplo para todos nós, para todos os cidadáns de Pontevedra e en especial para todos os deportistas da cidade, que son moitos".
Relacionadas:
-
ÿscar Graña, proposto pola Federación Galega de Piragüismo para os premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Broche de ouro nos Mundiais de Copenhague con ÿscar Graña, Ramón Ferro e Iván Alonso no máis alto do podio
Por Redacción |
-
Gómez Noya, campión das Series Mundiais tras vencer nun apertado final en Londres
Por Diego Espiño |