Xornada de táboas e o Pontevedra segue líder no sprint por escapar da 3ª RFEF
Por Manu Otero
O Pontevedra segue na cabeza despois do empate conseguido este domingo na cidade deportiva de Mareo no seu partido contra o Sporting B. Unha etapa menos para os granates na carreira por eludir a caída á 3ª RFEF que terán que pagar unha peaxe na próxima xornada, pois non poderán contar con Charles, qui viu na primeira parte a quinta tarxeta amarela da tempada e deberá cumprir un partido de sanción.
Ningún dos oito equipos foi capaz de gañar nesta segunda xornada da segunda fase da competición. Con catro empates, os de Pasarón seguen no máis alto desta clasificación con 25 puntos, os mesmos que o Oviedo B, segundo clasificado por contar cunha diferenza de goles peor que a dos galegos.
A tres puntos de distancia está o Lealtad. O próximo equipo que visitará Pasarón evitaría actualmente o descenso porque presenta mellore diferenza de goles anotados e encaixados que o Coruxo. Os vigueses, tamén con 22 puntos, marcan a zona vermella seguidos do Salamanca (21), Sporting B (18), Covadonga (15) e Guijuelo (13).
Sen goles empataron Oviedo B e Salamanca, así como Lealtad e Coruxo, mentres que no outro partido do grupo Covadonga e Guijuelo protagonizaron un festín anotador para empatar a tres tantos. En Mareo, Sporting B e Pontevedra anotaron un tanto cada un.
A rolda asturiana continuará para o Pontevedra a próxima semana. Ás 17 horas do domingo, os granates esperan ao Lealtad, o equipo menos goleador e menos goleado do grupo de descenso. Non poderá contar Luisito con Charles e tamén será dúbida Jorge Fernández, ausente na última xornada por lesión e pendente de evolución para coñecer a súa dispoñibilidade para o seguinte encontro.
Relacionadas:
-
Luisito pide o apoio da afección para derrotar ao Lealtad e evitar o descenso
Por Manu Otero |
-
Valioso empate do Pontevedra fronte ao Sporting B nun partido gris (1-1)
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra visita o Sporting B sobre aviso: "Para gañar en Xixón temos que facer as cousas moito mellor"
Por Diego Espiño |
-
Jorge Fernández retírase lesionado do adestramento e será baixa en Xixón
Por Diego Espiño |