Javi Gómez Noya sobre o Mundial de Dúatlon: "Mi intención sigue siendo participar en Pontevedra, sea en la fecha que sea"
Por Diego Espiño
A coincidencia de datas do Mundial de Dúatlon de Pontevedra e a proba das Series Mundiais de Tríatlon en Londres non enterrou as ganas de Javier Gómez Noya por disputar a proba lerezana, fixada para os días 31 de maio e 1 de xuño de 2014.
Así o confirmou o flamante campión do mundo de tríatlon nunha visita do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva: "mi intención sigue siendo participar, sea en la fecha que sea, coincida con lo que coincida".
Con moitas posibilidades de manterse a data da proba, as opcións de Gómez Noya pasarían por realizar un bo inicio de tempada nas Series Mundiais que lle permitan renunciar a correr en Londres: "si el Mundial me está yendo bien el año que viene puedo permitirme no correr una prueba, que sería Londres, aunque lo ideal sería que no coincidiera, sería lo mejor para todos".
O triatleta ferrolán afincado en Pontevedra mostrouse firme nesta intención, aínda que o dúatlon non sexa a súa disciplina habitual: "siempre me apeteció algún año correr duatlón para ver qué tal lo puedo hacer y qué mejor oportunidad que esta, con un Mundial en Pontevedra".
Gómez Noya, a pesar ter concluído practicamente a tempada, seguirá competindo nos próximos días con dúas probas sobre a distancia sprint, en Francia e México, antes de tomar un merecido descanso e comezar a preparar o 2014, un ano que afronta con ilusión tras últimos resultados: "este año ha salido todo a la perfeccion, siendo campeón del mundo, el campeonato de Europa media distancia, dos pruebas de las Series Mundiales con la gran final de Londres, no puedo pedir más. Ver que sigo ahí en la élite al máximo nivel después de 10 años me hace sentir orgulloso tener confianza para seguir".
Relacionadas:
-
O concelleiro de Deportes pide á Deputación que reconsidere a súa postura e colabore co Mundial de Dúatlon
Por Redacción |
-
O Mundial de Dúatlon de Pontevedra mantén a súa data de celebración para o 31 de maio e 1 de xuño
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra, a polo récord de participación no Mundial de Dúatlon
Por Redacción |
-
A ITU fai coincidir en 2014 a proba das World Series en Londres co Mundial de Dúatlon de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, campión das Series Mundiais tras vencer nun apertado final en Londres
Por Diego Espiño |