As tarxetas amarelas, unha ameaza para o Pontevedra no inicio da segunda fase
Por Diego Espiño
Cada aspecto conta para unha segunda fase da tempada na que o Pontevedra xogarase a permanencia e a súa presenza a próxima campaña na Segunda RFEF, e dentro deses pequenos detalles entran en xogo por primeira vez este curso as sancións por tarxetas amarelas.
Imanol García será o primeiro futbolista granate en cumprir castigo por acumulación de amoestacións, ao ver en Guijuelo a súa quinta tarxeta da tempada. Desta forma non poderá estar co equipo na visita do Covadonga a Pasarón o domingo 4 de abril, perdendo Luisito a un dos homes fixos nas súas aliñacións.
Esta ausencia únese á lesión de Borja Martínez, o que volve deixar xusto de efectivos a zona medular, un problema que se repetiu en varias ocasións durante a liga debido principalmente a contratempos físicos. De feito o técnico quedará con dous centrocampistas puros dispoñibles, como son Adrián Cruz e Damià Sabater.
Con todo trátase dun inconveniente, as baixas por sanción, que ameaza con repetirse nas próximas semanas e ademais afectando a homes importantes, xa que outros tres xogadores granates atópanse ao bordo da suspensión.
Nesta situación atópanse os dous dianteiros do equipo, Charles e Rufo, ademais dun dos capitáns, Álex González. Tres pezas clave no Pontevedra e que foron sempre titulares que estiveron dispoñibles.
Con tres tarxetas e algo máis de marxe atópanse tamén Xisco Campos, Oier Calvillo e Borja.
Relacionadas:
-
O horario matinal volve cruzarse co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Intento de resurrección do Pontevedra, que gaña pero non esmaga (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Luisito, preocupado polo partido contra o Covadonga: "Eles non xogan coa mesma presión que podemos ter nós"
Por Almu Dapena |
-
O Covadonga, un equipo de barrio e debutante na Segunda B que quere agarrarse á categoría
Por Diego Espiño |
-
Álex González ve "primordial" empezar ben a segunda fase pero avisa: "Só cos puntos de Pasarón non serve"
Por Diego Espiño |
-
Covadonga, primeiro rival do Pontevedra na fase pola permanencia
Por Diego Espiño |
-
Derrota ante o pechacancelas Guijuelo dun Pontevedra que se complica a vida pola permanencia (2-1)
Por Diego Espiño |
-
Luisito, disposto a seguir a próxima temporada: "Se a presidenta o Consello están contentos xa saben a miña resposta"
Por Diego Espiño |