Arosa e Ribadumia coñecen o seu novo calendario nos grupos de Terceira polo ascenso e a permanencia
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol confirmou este luns o calendario da segunda fase da tempada na Terceira División, que Arosa e Ribadumia afrontan con obxectivos completamente opostos.
No que respecta ao Arosa, os de Vilagarcía quedaron encadrados no grupo que pelexará polas dúas prazas de ascenso directo, xunto a Bergantiños (48 puntos), Arenteiro (47 puntos), Polvorín(42 puntos), UD Somozas (41 puntos) e Alondras (37 puntos). Os de Rafa Sáez parten con 41 puntos, a 6 por tanto do ascenso directo á Segunda RFEF. En todo caso, de non conseguilo aínda quedará a opción do play-off pola última praza de ascenso, que xogarán os catro equipos do seu grupo que non logren subir directamente e dous máis saídos do grupo intermedio.
Con este panorama o cadro arlequinado estrearase esta próxima fin de semana visitando o Polvorín, mentres que o seu primeiro encontro na casa terá lugar fronte ao líder Bergantiños o 11 de abril. O Arosa pechará a fase o 9 de maio no seu estadio contra o Somozas.
Consulta aquí o calendario completo do Arosa no grupo polo ascenso.
Diferente, pero non menos intensa, será a loita que terá por diante a partir de agora o Ribadumia no grupo pola permanencia, no que oito dos seus 12 equipos caerán a Preferente. Os aurinegros parten xusto desde a última praza de descenso con 26 puntos, a 2 da salvación. Acompáñanlle nesta liguiña o CD Barco (30 puntos), Arzúa (29 puntos), Viveiro (28), Ourense CF (28), UD Ourense (25), Estudiantil (20), Atios (20), As Pontes (19), Fisterra (17), Paiosaco (12) e Pontellas.
Por diante 12 xornadas de competición que comezarán para os da Senra a domicilio, no campo do As Pontes. O seu primeiro partido en casa chegará o 11 de abril fronte á Agrupación Estudiantil, mentres que o seu último partido da fase disputarase o 20 de xuño en Fisterra.
Consulta aquí o calendario completo do Ribadumia no grupo pola permanencia.
Relacionadas:
-
Derrota pola mínima do Ribadumia ante o Viveiro (1-0)
Por Redacción |
-
Recital do Arosa na Lomba para vencer o líder Bergantiños (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Aprazado o partido do Ribadumia fronte ao Estudiantil polo confinamento do conxunto santiagués
Por Redacción |
-
Dobrete de Hugo Soto para dar a vitoria o Ribadumia nas Pontes (1-2)
Por Redacción |
-
O Arosa inicia o seu camiño ao ascenso con derrota ante o Polvorín (1-0)
Por Redacción |
-
O Ribadumia cae contra o líder Arenteiro e xogará pola permanencia (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Alondras confórmanse cun empate no último partido da primeira fase de Terceira División (0-0)
Por Redacción |