Luisito, disposto a seguir a próxima temporada: "Se a presidenta o Consello están contentos xa saben a miña resposta"
Por Diego Espiño
Sen opcións máis que pelexar pola permanencia na Segunda B para pasar a formar parte a próxima campaña da Segunda RFEF, a cuarta categoría do balompé nacional, todos no Pontevedra Club de Fútbol empezan a mirar cara ao futuro, empezando por asegurarse acabar o mellor posible e sen máis sobresaltos a tempada.
Neste sentido o actual adestrador granate, José Luis Míguez ' Luisito' mostrouse este venres disposto a continuar no club e liderar o próximo proxecto deportivo se a entidade de Pasarón así o ve conveniente.
"A presidenta e o Consello coñéceme moito, e a afección tamén. Estou onde realmente quero estar, onde realmente me sinto feliz, a min non me moven outras cousas que non sexa a ilusión e a pasión", explicou en rolda de prensa o preparador de Teo.
"Son feliz aquí, o que quero agora é salvar a categoría e se a presidenta a o Consello de Administración están contentos xa saben a miña resposta", adiantou Luisito.
A pesar da revelación o adestrador asegurou estar centrado 100% na situación actual. "O único que penso é en ganar en Guijuelo a partir de aí ganarlle a Oviedo B, Sporting B, Lealtad e Covadonga, eses para min son os inimigos públicos número un a partir do domingo", sinalou en referencia á segunda fase da competición.
Luisito asegurou que o plantel está mentalizado para o reto que se lle presenta porque "o futbolista non pode pensar no que puido ser e non foi. Saben perfectamente que hai que pelexar por un obxectivo claro. Toca salvar a categoría e hai que facelo como sexa", defendeu o técnico sinalando que "ante todo está a dignidade dun club tan grande como o Pontevedra".
"Costounos moitísimo ascender e o que non queremos é descender a Terceria. Vamos a pelexar para como mínimo manternos en Segunda B e a partir de aí seguir crecendo como está crecendo o club", concluíu o actual inquilino do banco de Pasarón.
Relacionadas:
-
As tarxetas amarelas, unha ameaza para o Pontevedra no inicio da segunda fase
Por Diego Espiño |
-
Covadonga, primeiro rival do Pontevedra na fase pola permanencia
Por Diego Espiño |
-
Derrota ante o pechacancelas Guijuelo dun Pontevedra que se complica a vida pola permanencia (2-1)
Por Diego Espiño |
-
A visita a Guijuelo, oportunidade para o Pontevedra de empezar a segunda fase con marxe sobre o descenso
Por Diego Espiño |
-
Racing, Hércules, Córdoba, Mérida, Recreativo ou Real Murcia. Outros grandes nomes ausentes da Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
O fútbol profesional, un chanzo máis lonxe para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Luisito recoñece que o Pontevedra ten "menos puntos dos que mereceu" e só pensa en "traballar e ser fortes mentalmente"
Por Almu Dapena |
-
Rufo asume a loita pola permanencia e márcase acabar primeiros na seguinte fase como obxectivo
Por Manu Otero |