O Cisne, sen complexos ante o Logroño: "Todos los partidos que nos quedan en casa van a ser finales"
Por Diego Espiño
Momento decisivo na tempada do Dicsa Modular Cisne, que inicia unha semana de partidos que poden marcar o seu futuro na Liga Asobal.
O primeiro deles será tamén o, a priori, máis complicado, ao recibir este sábado 27 de marzo ao BM Logroño La Rioja no Pavillón Municipal dos Deportes (17.00 horas, TVG2). Trátase do actual cuarto clasificado, un equipo que "en los últimos 6-8 años está peleando siempre por estar entre los cuatro primeros", lembra o segundo adestrador cisneísta, Quiños.
Despois chegarán dous choques ante rivais directos, nos que será necesario sumar para reengancharse á pelexa pola permanencia, primeiro co derbi fronte ao Cangas aprazado no seu día (mércores 31 no Municipal) e a visita á pista do Nava (4 de abril).
Antes diso con todo os pontevedreses céntranse no Logroño, conscientes de que non poden deixar escapar calquera posibilidade de puntuar. "Va a ser un partido difícil, pero habrá que intentar explotar nuestras armas y saber que todos los partidos que nos quedan en casa van a ser finales", recoñece o segundo adestrador.
En canto ao rival, a pesar de perder perigo no lanzamento sen os brasileiros Oswaldo e Ceretta, "están jugando a un nivel muy alto", analiza Quiños, ao que se suma que teñen nas súas filas "al que para mí está siendo el portero más determinante este año en la Liga Asobal", sinala en referencia a Rangel Luán.
O encontro xogarase cun aforo máximo de 300 espectadores no Pavillón Municipal.