Primeira parada do Poio Pescamar no seu camiño cara ao play-off: "Cada punto en la segunda fase es muy importante"
Por Diego Espiño
O camiño do Poio Pescamar cara ao play-off polo título de liga na Primeira División iníciase este sábado 27 (20.00 horas) no pavillón municipal da Seca co primeiro partido da segunda fase do campionato.
As conserveiras, quintas, reciben ao equipo que precisamente lles precede e ocupa a última das prazas de play-off, o Melilla Sport Capital Torreblanca do seu ex-adestrador Marcio Santos.
"Estamos un grupo de equipos en muy poquitos puntos y cada partido es muy importante", recoñece o técnico do Poio Pescamar, Manu Cossío, resaltando que "cada punto en la segunda fase es muy importante".
Cossío resta importancia aos últimos resultados e asegura que están "con confianza" e co "objetivo entre ceja y ceja de ser cuartas. Vamos a pelear por ello hasta el útlimo suspiro", advirte coa ilusión que ofrece o formato de competición esta campaña concluíndo cunha final a 4 a partido único. "Es un formato que invita a la sorpresa, porque a un partido le puedes ganar a cualquiera".
Neste caso o Poio Pescamar fíase ademais ao poder da Seca para retomar a senda do triunfo, e é que na súa pista só cedeu un partido esta tempada e poñendo contra as cordas ao imbatido Futsi Atlético Navalcarnero. "La confianza es que en casa somos un equipo muy fuerte", sinala o preparador vermello.
En canto ao rival, asegura que o Melilla "a pesar de ser un recién ascendido ha confeccionado una plantilla de mucho nivel, con varias jugadoras internacionales", destancando entre elas á brasileira Emily Marcondes, que "quizás ahora mismo sea la más determinante de la liga. Ofensivamente es impresionante, y vamos a tener que anularla y ponerle cerco porque nos puede hacer mucho daño", analiza.
Para esta cita, coa que dá comezo unha liguiña de oito xornadas na que contan os resultados cultivados ata a data, o Poio Pescamar conta coa dúbida do estado físico de Carol Agulla, con molestias no xeonllo, estando o resto do plantel ao dispor de Manu Cossío.
Relacionadas:
-
Burela-Poio Pescamar, terceiro asalto
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre Poio Pescamar e Torreblanca tras un intenso partido (1-1)
Por Cristina Saiz |
-
O Ourense Envialia deixa o Poio Pescamar sen final da Copa Xunta (3-1)
Por Redacción |
-
O Melilla de Marcio Santos, primeiro rival do Poio Pescamar na segunda fase da liga
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar finaliza a primeira fase ligueira con derrota ante o Futsi Navalcarnero (1-2)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Poio Pescamar rasca un punto da súa visita o Penya Esplugues (3-3)
Por Almu Dapena |