O Poio Pescamar finaliza a primeira fase ligueira con derrota ante o Futsi Navalcarnero (1-2)
Por Cristina Saiz & Redacción
O Poio Pescamar finalizou a primeira fase ligueira con derrota ante o líder, o Futsi Navalcarnero, nun partido no que o equipo madrileño impuxo o seu xogo para seguir imbatido esta tempada.
Dani Sousa para o Poio e Ari para as visitantes, tiveron as primeiras ocasións de perigo do atopo pero sen ser capaces de abrir a lata.
Ju Delgado, cando se alcanzaba o minuto 7 de xogo e tras un roubo de balón de Ari, bateu a Caridad desde o centro da área para anotar o 0-1 de disparo cruzado. Co gol ás súas costas, o Navalcarnero deu un paso adiante para apertar en campo vermello, obrigando ás conserveiras para xogar á contra.
Xa nos últimos compases antes de chegar ao descanso, as de Manu Cossío pisaron o acelerador para buscar un tanto da igualada que chegou, por mediación de Dani Sousa, a escasos segundos da conclusión.
O segundo período comezou con Caridad e Balbuena empregándose a fondo por manter o 1-1, ata que aos 10 minutos de xogo, as madrileñas volveron poñer por diante cun gol de Irene Córdoba, que aproveitou o servizo de Anita Luján desde o á esquerda, previa xogada persoal, e anotou o 1-2, obrigando ao Poio a xogar con ataque de cinco a tres minutos do final pero sen acerto.
POIO PESCAMAR (1): Caridad; Lucía, Ana Rivera, Dani Sousa e Clara (cinco inicial). Tamén xogaron, Iraia, Irene García, Chiesa, Julia Dupuy e Miriam.
ATLÉTICO NAVALCARNERO (2): Belén; Amelia Romero, María Sanz, Ari e Irene Córdoba (cinco inicial). Tamén xogaron, Leti, Ju Delgado, Anita Luján, Becha, Lorrana e Marta Balbuena (segunda porteira).
Goles: 0-1, min. 7 Ju Delgado. 1-1, min. 20 Dani Sousa. 1-2, min. 30 Irene Córdoba.
Incidencias: Pavillón A Seca. Colexiados, Carreira Romero e Ferrero Carballal do colexio galego. Amoestaron a Iraia e a Antía no Poio Pescamar e a Leti e María Sanz no Futsi Navalcarnero.
Relacionadas:
-
Burela-Poio Pescamar, terceiro asalto
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre Poio Pescamar e Torreblanca tras un intenso partido (1-1)
Por Cristina Saiz |
-
Primeira parada do Poio Pescamar no seu camiño cara ao play-off: "Cada punto en la segunda fase es muy importante"
Por Diego Espiño |
-
O Ourense Envialia deixa o Poio Pescamar sen final da Copa Xunta (3-1)
Por Redacción |
-
O Melilla de Marcio Santos, primeiro rival do Poio Pescamar na segunda fase da liga
Por Diego Espiño |
-
O segundo posto, en xogo para o Poio Pescamar na súa última xornada da primeira fase
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar rasca un punto da súa visita o Penya Esplugues (3-3)
Por Almu Dapena |
-
Derrota na pista do Roldán para un Poio Pescamar que cede a segunda posición (4-1)
Por Redacción |