A Sociedad Gimnástica pecha a cita autonómica en pista cuberta cunha decena de metais
Por Redacción
O campionato galego absoluto de pista cuberta pechouse con grandes resultados para a Sociedad Gimnástica. O corredor vigués Carlos Porto logrou dúas pratas no 1500 e 3000 metros listos, logrando nesta última a súa mellor marca persoal. Ademais, na Fundación Expourense os atletas do conxunto pontevedrés conseguiron outros oito metais.
Tamén asinaron un dobrete David de la Fuente e Eugenia Gil. O primeiro obtivo unha prata nos 400 e un bronce nos 800 metros lisos, mentres que a coruñesa foi segunda nos 400 e terceira nos 200 metros lisos.
En salto de lonxitude masculino, David Ferrer e Raúl Cortizo fixeron un dobrete ao subirse ao segundo e terceiro chanzo do pódium respectivamente. O segundo clasificado tivo que igualar o seu mellor marca da tempada, 7,12 metros para colgarse a prata ao pescozo. O seu compañeiro asinou un salto de 6,93 metros que lle bastaría para ser terceiro.
Na mesma proba, pero en categoría feminina, a nova Andrea Villaverde situouse entre as mellores saltadoras autonómicas ao quedar terceira cunha marca de 5,29 metros.
O que non puido reter a súa condición de campión autonómico foi Víctor Gallego. O mellor lanzador de peso galego do últimos cinco anos tivo que conformarse esta vez coa medalla de prata ao quedar, cunha marca de 14,10 metros, a só seis centímetros do ouro.
CAMPEONATO GALLEGO ABSOLUTO DE PC
— Sociedad Gimnástica (@SGimnastica) March 14, 2021
Categoría masculina:
- @CarlosPorto_11 en 1500ml y en 3000ml con 8:17.47, su MMP PC
- @TheRumbas en 400ml y en 800ml
- En la longitud, David Ferrer fue con 7.12m (MMT) y Raúl Cortizo,
- @victorgallegob quedó en peso. pic.twitter.com/xIjz8ZUWqp
En categoría máster W40, Paula da Torre e Cristina Garrido conseguiron senllas medallas de prata en 1500 e 60 metros lisos respectivamente. Mentres que en categoría sub 16, Mariña Pérez foi segunda en 60 metros valas e terceira en salto con pértega; Carla Rivas, terceira en salto altura; Matías Moldes e Alejandro Villaverde, ouro e prata en hexatlón.