O Coruxo vence o Racing, dispara as opcións do Pontevedra para ser sexto e aperta a fase pola permanencia
Por Manu Otero
Gañar por dous goles de diferenza ao Guijuelo e esperar que o Racing de Ferrol some, como moito, só un punto nos dous partidos de liga que queda por xogar. Son as contas do Pontevedra para salvar os mobles dunha tempada irregular, coarse entre os seis primeiros e manter viva a esperanza de estar o próximo curso na 1ª RFEF.
A contundente vitoria do Coruxo este mércores no campo do Vao fronte ao Racing de Ferrol aumenta as posibilidades do Pontevedra, que seguen sendo remotas, de asegurar a permanencia na 2ª RFEF e pelexar por unha praza na 1ª RFEF, nova categoría entre a Segunda División e Segunda B que disputarán o próximo ano só 40 equipos. Pola contra, os tres puntos sumados polo cadro vigués aperta aínda máis a clasificación do vagón de cola do grupo I A e B da Segunda B.
A calculadora dos de Pasarón segue botando fume. Os granates están obrigados a vencer o día 28 ao Guijuelo a domicilio e pola maior diferenza de goles posible.
Se gañan, os de Luisito sumarán 24 puntos. Un máis que o Rácing sempre que o cadro ferrolán perda os dous partidos que lle queda por xogar: o domingo na Malata contra o Guijuelo e unha semana máis tarde en Salamanca contra o Unionistas.
Se os de Cristóbal Parralo gañan un deses partidos, o Pontevedra quedará sen opcións de ser sexto. Mentres que se só suman un punto orixinaríase un empate con múltiples formas de resolución.
O goalaverage particular entre verdes e granates está empatado (2-3 e 0-1), o seguinte criterio de desempate é a diferenza de goles xeral que agora mesmo é favorable ao cadro departamental, que está con +4, mentres os granates sitúanse en +1. Se esta diferenza equilíbrase, haberá que prestar atención aos goles a favor, na que o Racing de Ferrol sae polo momento vitorioso con 20 tantos anotados, polos 18 do Pontevedra.
No caso de que todos estes criterios acabaran igualadose, haberá que recorrer ao xogo limpo para determinar a clasificación final e, se tampouco hai diferenzas, tería que xogarse un partido de desempate en campo neutral.
Con todo, existe un terceiro actor que pode facer saltar polo aire esta clasificación. Un empate a 24 puntos entre Compostela, Racing de Ferrol e Pontevedra deixaría aos granates na sétima praza de forma irremediable, polo que para os intereses do Pontevedra, o Salamanca non pode puntuar o día 28 na súa visita ao estadio Vero Boquete.
As bases de competición do fútbol español recollen que en caso de empate a puntos entre tres ou máis equipos, establécese unha clasificación paralela tendo en cuenta os puntos conseguidos entre os equipos implicados. Neste ranking, o Pontevedra sumaría só 4 puntos despois de gañar un partido e empatar outro. Pola súa banda, Racing e Compostela sumarían cinco cada un despois de gañar ambos os ao Pontevedra e empatar os seus dous partidos.
FASE POLA PERMANENCIA
Se finalmente o Pontevedra non obra o milagre de clasificarse entre os seis primeiros, terá que afrontar unha segunda fase pola permanencia cunha clasificación moi igualada. A falta dunha xornada por disputarse, o Pontevedra sería agora mesmo lider e aseguraríase o seu concurso o próximo ano na 2ª RFEF.
Cos mesmos puntos está o Oviedo B, mentres que a un só punto sitúanse Lealtad e Coruxo. A tres queda o Salamanca, mentres que máis lonxe están o Sporting B (16 puntos), Covadonga (14) e Guijuelo (9).
Nesta segunda fase, na que o Pontevedra xogará unicamente contra os equipos do subgrupo B, só evitarán o descenso á 3ª RFEF os dous mellores equipos, mentres que o terceiro clasificado acabará descendendo tamén se é o peor terceiro de todos os grupos.
Relacionadas:
-
O fútbol profesional, un chanzo máis lonxe para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Luisito recoñece que o Pontevedra ten "menos puntos dos que mereceu" e só pensa en "traballar e ser fortes mentalmente"
Por Almu Dapena |
-
Rufo asume a loita pola permanencia e márcase acabar primeiros na seguinte fase como obxectivo
Por Manu Otero |
-
A pantasma do descenso, un pouco máis lonxe
Por Diego Espiño |
-
Bocanada de aire para o Pontevedra cunha reparadora goleada fronte ao Coruxo (3-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Luisito, partido a partido: "Pensar máis aló do domingo é confundirse"
Por Diego Espiño |
-
A calculadora do Pontevedra bota fume. Isto é o que lle espera se non logra meterse entre os seis primeiros
Por Diego Espiño |