Támara Echegoyen afronta xunto a Berta Betanzos o Mundial de 49er FX en Marsella
Por Redacción
O Campionato do Mundo na clase 49er FX, que arranca este martes na localidade francesa de Marsella, é o novo reto para Támara Echegoyen e a súa compañeira Berta Betanzos, recentes fichaxes do Equipo Movistar.
Echegoyen buscará en Francia unha boa clasificación no Mundial que ratifique os progresos que asegura ter experimentado tras o cambio obrigado de disciplina de cara aos Xogos Olímpicos de Río: "Estamos muy contentas con la progresión que estamos haciendo y satisfechas con el trabajo que realizamos durante este año para llegar a la cita más importante de la temporada en las mejores condiciones posibles".
O obxectivo no campo de regatas galo non será sinxelo, segundo a campioa olímpica, ante o alto nivel das parellas contrincantes: "Dinamarca, Nueva Zelanda, Brasil e Inglaterra tienen equipos muy experimentados que están obteniendo muy buenos resultados. La clave será la regularidad; llevamos bastantes días entrenando en Marsella y el campo es bastante inestable, así que habrá que estar al cien por cien".
A primeira manga da competición está fixada para este martes, 24 de setembro, a partir das 11:00 horas.