Pablo Dapena, "decepcionado" co seu 12 posto no Challenge Miami, primeiro gran reto da tempada
Por Almu Dapena
Case ano e medio despois, e tras superar unha molesta lesión no psoas, Pablo Dapena regresou á competición para enfrontarse a un dos grandes retos da tempada, o Challenge Miami. O pontevedrés, "contento de volver competir pero non co resultado e as sensacións" estreou tempada este venres (21:15 hora española) e fíxose co 12 posto. O podio formárono Jan Fordeno, cunha vantaxe de 2:30 sobre Sanders, que foi segundo, e a 3:37 de Ben Kanute, terceiro.
Era un reto maiúsculo e o triatleta pontevedrés sabíao. Pelexou ata a primeira bolla no segmento de natación, liderando o grupo perseguidor a 25 segundos de Kastelein, Frodeno e Tim Ou´ donnell, pero na carreira ciclista perdeu uns valiosos segundos ao non atopar a súa bicicleta.
Dapena enganchou no grupo da cabeza, liderado por Frodeno no quilómetro 7 e formado por oito homes. O alemán despegouse do pelotón no quilómetro 30 mentres que Dapena tívose que conformar co posto 13 a 5:23 do líder.
Xa na carreira a pé, o pontevedrés seguiu remando para sacar o mellor resultado posible pero sen opcións a podio. Adiantou un posto para chegar á meta en duodécimo lugar cun tempo de 2:45:47, a 7:49 do líder, Jon Frodeno.
O alemán impúxose con solvencia cun tempo 2:37:57 e unha vantaxe de 2:30 sobre Sanders. O podio completouno Ben Kanute a 3:37.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena, á fronte do World Bonus da franquía Challenge tras o seu segundo posto en Italia
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, a confirmar o seu bo momento de forma no Challenge Riccione
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, subcampión no Challenge Mogán de Gran Canaria
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Pablo Dapena ponse a punto no Dúatlon Movéndonos por Poio, con Aida Valiño como vencedora feminina
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Frodeno, Lange... e Pablo Dapena: Duelo de campións mundiais no Challenge Mogán Gran Canaria
Por Diego Espiño |
-
Dura competencia para Pablo Dapena no seu primeiro grande reto da tempada, o Challenge Miami
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena deixa atrás a súa lesión e afronta a nova tempada "motivado y con ganas de competir"
Por Almu Dapena |