A Gimnástica conquista catro medallas no autonómico de lanzamentos

Por Redacción
Os lanzadores da Sociedade Gimnástica conseguiron catro medallas para o conxunto pontevedrés no campionato galego de lanzamentos longos de inverno que se celebrou a pasada fin de semana nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Víctor Gallego conseguiu unha marca próxima aos 44 metros no lanzamento de disco masculino que lle serviu para lograr a medalla de prata e erixirse como o mellor do seu club na cita autonómica. O seu compañeiro Imanol Cardona tivo que conformarse co terceiro banzo do podio ao asinar un lanzamento de 41,65 metros.
Na mesma modalidade, pero en categoría feminina, Claudia Puig fíxose coa medalla de bronce grazas a un lanzamento de 31,33 metros. A só 27 centímetros quedou a súa compañeira de equipo Sandra Carballo.
O mesmo metal conseguiuno Iria Filgueira cunha marca de 43,08 metros no lanzamento de martelo.
A cita pontevedresa incluíu o campionato galego de medio fondo de categoría sub 16 e sub 18 no que Natalia Meaños logrou o ouro na distancia de 400 metros lisos cunha marca de 1:00:85, que o seu o seu mellor rexistro persoal.
Relacionadas:
-
A Sociedad Gimnástica pecha a cita autonómica en pista cuberta cunha decena de metais
Por Redacción |
-
Antía Chamosa bate o récord de España Sub-23 nos 35 quilómetros marcha
Por Redacción |
-
Dous postos de finalista, balance da Gimnástica no Campionato de España Sub-23
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Os ximnásticos Manuel Hurtado e Carlos Porto defenderán a Galicia no nacional de campo a través
Por Redacción |