Cómoda vitoria do Celta xuvenil (0-2) sobre o Pontevedra
Por Ramiro Espiño
Pouca historia tivo o derby xuvenil entre Pontevedra e Celta. Os vigueses foron moi superiores en xogo e oportunidades, obtendo unha xusta vitoria sobre un equipo granate que intentou opoñer á superioridade técnica e táctica dos visitantes un fútbol máis directo, pero incapaz de xerar perigo ante a meta rival.
Os primeiros quince minutos de partido deixaron entrever que o Celta ía gañar con facilidade e mesmo certa folgura. Non obstante os celestes, sostidos sempre polo excelente traballo na medular de Pape, baixaron a intensidade, permitindo ao Pontevedra resistir sen angustias ata o descanso, cun susto nun lanzamento de falta de Fede, pasada a media hora, que remataría no longueiro. Sería a única ocasión clara do primeiro período.
Pero a decoración cambiou no segundo tempo. O Pontevedra acusou en exceso a calor e o cansazo dalgún dos seus xogadores, e o Celta adiantouse por medio de Manu, un minuto despois de que o seu compañeiro Brais tivese avisado dende a frontal, cun lanzamento ao longueiro.
Aí rematouse o partido. Unicamente o curto do marcador mantivo certa incerteza, porque o Celta non acababa de pechar o partido. Intentouno de novo Brais, pero o seu remate en boa posición foise fóra, e conseguiuno finalmente Nacho, aproveitando a pracer un excelente centro de Quiles.
Os granates unicamente chegaron con perigo no último minuto de partido, pero o centro de Cristian, tras boa xogada individual, non puido aproveitalo Abrahan.
PONTEVEDRA, C.F. (0): Álex; Dani, Carballa, Nico, Iago Martínez; Brais (Cristian, min. 70), Gonzalo; Agus (David, min. 66), Jaime (Bugallo, min. 57), Mario; e Andrés (Abrahán, min. 29).
R.C. CELTA (2): Iván; Miguel, Diego (Bugallo, min. 46), Peña, Samu; Jordan, Pape; Brais (Nacho, min. 76), Fede, Berto (Sergio, min. 60); e Manu (Quiles, min. 71).
Árbitro: ÿscar López (Pontevedra), auxiliado en las bandas por Anxo Fariña y Veiga Gómez. Amonestó a Nico, Brais y Mario, por el Pontevedra, y a Diego, Pape, Jordan y Berto por el Celta.
Goles: (0-1) Minuto 54: Manu. (0-2) Minuto 81: Quiles.
Incidencias: Sintético de A Xunqueira (Pontevedra). Boa entrada con ao redor de 300 espectadores, entre os que se encontraban os presidentes de ambos os dous clubs, José Manuel Fernández e Carlos Mouriño