Ao redor de 550 piragüistas, no Campionato Galego de Inverno en Verducido
Por Cristina Saiz & Redacción
Preto de 550 piragüistas das categorías xuvenil, sénior e veterano, nas modalidades de kaiak e canoa inauguraron este sábado a tempada de piragüismo no encoro do Pontillón do Castro en Verducido coa disputa do Campionato Galego de Inverno.
Un total de 42 equipos participaron nesta cita, que comezou ás 10:00 horas coa carreira sénior feminina de canoa e finalizou coa proba sénior masculina de kaiak ao redor das 18:45.
En C1 sénior o campión foi Diego Romero, do Breogán do Grove, seguido do seu compañeiro de equipo, Tono Campos e de Fernando Busto (As Torres Romaría Viquinga). En feminino, Jenifer Casal (E. P. Ciudad de Pontevedra) levou a medalla de ouro, Carla Sieiro (Piragüismo Poio) a de prata e Andrea Piñeiro (Náutico Firrete) o bronce.
En kaiak masculino, Miguel Fernández (Fluvial O Barco) chegou en primeiro lugar, a segunda posición foi para Jaime Sobrado e a terceira para Junior Souto. Tania Fernández, do Kaiak Tudense, levou a vitoria en mulleres, seguida por Tania Álvarez do Breogán e de Leticia Piña do Kaiak Tudense.
A categoría sub23 C1 masculina deixou como vencedor a David Barreiro (Breogán do Grove). O segundo e terceiro posto foi para Pablo Crespo e Jaime Duro do E. P. Ciudad de Pontevedra. María Pérez (Ribadumia) levou o ouro en sub23 feminina e seguírona Claudia Couto do E. P. Ciudad de Pontevedra e Antía Romero do Rías Baixas.
Na modalidade de kaiak, Irene Lata (Ría de Betanzos) fíxose co triunfo. Detrás chegaron Carmen Villar do Kaiak Tudense e Gema Alonso Ría de Bertanzos. O tudense Ramón Gastaldo repetiu vitoria por segundo ano consecutivo e compartiu podio cos dous deportistas do Piragüismo Verducido Joaquín Iglesias e Miguel Paz.
Mauro Domínguez e Anxo García (Piragüismo Verducido) chegaron en primeiro e segundo lugar en categoría xuvenil. O terceiro posto foi para Noel Martínez do E. P. Ciudad de Pontevedra. Diego Domínguez (Breogán) fíxose co ouro na modalidade de canoa, por diante de Mauro Pardavila e Raúl Estévez do Náutico Rodeira
Carme Devesa do Breogán venceu en muller kaiak, a padeeira do Naval de Pontevedra, Antía Landeira, foi segunda e Lua Cubiella, do O Muiño, foi terceira. En canoa feminina os tres primeiros postos foron para Ángela Jorge e Lucía Graña do E. P. Ciudad de Pontevedra e para Rosalía García (As Torres).
En grupos de idade na modalidade de kaiak os gañadores foron Julio Fontán (Naval Pontevedra, 35-39), Neftalí Paraje (Ría de Betanzos, 40-44), Adolfo Monteagudo (Ría de Betanzos, 45-49), Bernardo Sánchez (Fluvial de Lugo, 50-54), Jorge Diéguez (Ría de Betanzos, 55-59), Francisco Vázquez (Fluvial de Lugo, 60-64) e Domingo Vía (Ría de Betanzos, 65-69).
En canoa, os gañadores foron Jose Ángel Aguado do Fluvial de Lugo, Xoxé Vales (Ría de Betanzos, 40-44), Jesús Pérez (Piragüismo Aldán, 45-49), Manuel Iglesias (E.P. Ciudad de Pontevedra, 50-54) e Antonio Rodríguez (E. P Ciudad de Pontevedra, 55-59).
Na clasificación feminina as vencedoras foron Yaiza Iglesias (Piragüismo Olívico, 35-39), María del Palacio (Piragüismo Olívico, 40-44), Mónica Piñeiro (Fluvial Avión, 45-49) e Rosa Barros (Kaiak Vigo, 50-55).
Relacionadas:
-
O Ciudad de Pontevedra finaliza entre os dez primeiros no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |
-
O piragüismo nacional reiníciase esta fin de semana co campionato de España de inverno
Por Redacción |
-
O piragüismo autonómico reactívase en Verducido co Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
O Pontillón do Castro mantense en 2021 como sede do Campionato de España Sprint Olímpico de Piragüismo
Por Diego Espiño |