O Arosa vence o Rápido de Bouzas e está a un paso da fase de ascenso (2-0)
Por Redacción
O Arosa está a un paso de poder gozar da fase de ascenso despois da vitoria lograda este sábado na Lomba ante un Rápido de Bouzas que llo puxo difícil. Os de Rafa Sáez foron capaces de aguantar as chegadas do rival para, cos goles de Pedro Beda e de Killian na segunda metade, sumar tres puntos moi importantes.
Dominou o Arosa desde o minuto uno, con posesións longas e achegándose con perigo ao campo rival. En fronte, un Rápido de Bouzas que buscaba roubar o esférico para saír á contra buscando Óscar Fondevila e Adrián Rodríguez.
Foise igualando o duelo pero sen claras ocasións para ningún conxunto, chegando ao descanso cun empate sen goles.
Avisou primeiro o Rápido de Bouzas despois do paso polos vestiarios cun disparo de Miguel Fernández, que recibiu dentro da área pero enviou por encima da portería de Álex Cobo.
O que si foi capaz de abrir a lata foi Rober, que aproveitou a asistencia de Pedro Beda para castigar ao conxunto vigués co 1-0 cando se alcanzaba o cuarto de hora da segunda metade.
Tras o gol do Arosa, o partido volveuse tolo e ningún equipo foi capaz de enlazar catro pases consecutivos. O Rápido de Bouzas tiraba de orgullo para facer o gol do empate mentres o Arosa quería anotar o segundo que lle dese a tranquilidade.
Aínda que buscou a igualada o equipo visitante, poñendo en aprietos a Álex Cobo en varias ocasións, Kilian apareceu para recoller un pase filtrado de Julio Rey e bater por baixo a Rui Filipe e sentenciar o encontro.
Consulta a acta do Arosa-Rápido de Bouzas
Relacionadas:
-
Arosa e Alondras confórmanse cun empate no último partido da primeira fase de Terceira División (0-0)
Por Redacción |
-
Remontada do Ribadumia no derbi ante o Arosa (2-1)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Sufrida vitoria do Arosa na súa visita ao Estradense (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Atios e Arosa firman un empate sen goles
Por Redacción |
-
O Arosa sentencia á Unión Deportiva Ourense na primeira metade (2-0)
Por Almu Dapena |
-
Un gol de Cotilla no desconto dá a vitoria o Arosa ante o Pontellas (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |