A Regata Interclubes fai parada en Beluso
A Regata Interclubes Ría de Pontevedra xa está programada para regresar este sábado 6 de marzo á ría de Pontevedra. O Club Náutico de Beluso recibirá á flota de cruceiros que disputa a séptima edición dun dos circuítos máis importantes da tempada. O evento, que contará ademais con novos equipos en liza para pelexar polo liderado, a ría pontevedresa converterase unha vez máis en protagonista da vela.
Contarán con máis de 40 barcos competindo no campo de regatas. A cita poderá seguirse en directo de forma virtual a través da aplicación eStela ou a través da páxina web.
O Comité espera non ter cambios metereológicos significativos, e que se manteña o parte tal e como está. De ser o caso, espérase ter unha xornada de sol e de ventos moderados de compoñente norte, o que supón unhas condicións perfectas para a navegación e o desenvolvemento da regata, e que mesmo poderían levar á flota ata a zona dos faros de Picamillo e Camouco.
A primeira etapa disputouse o fin de semana pasado en Portonovo. A proba ponderou tamén para o Trofeo Concello de Sanxenxo, e cos resultados obtidos na mesma, son Juancamaría, Squid, Youkounkoun, Orlando, Maral IV e Cassandra os equipos que defenderán o liderato provisional.
Entre os participantes se sumarán este fin de semana novos barcos, como o Corsario de Javier Durán e o Meigas Fora de José Codesido na Clase 1 Froiz, o Grifo de José Freire en Clase 2 Abanca ou o Vento Sur en Clase 5 Opticalia Campelo, entre outros. Moitos deles son os favoritos para estar entre os puestos de liderazgo.
A 7ª Regata Interclubes da Ría de Pontevedra está organizada pola Comisión Naval de Regatas, o Club Náutico de Portonovo, o Real Club de Mar de Aguete, o Real Club Náutico de Sanxenxo, o Club Náutico Beluso e o Ro Yacht Club de Combarro.
Despois desta regata téñense planificadas dúas más para o mes de marzo, os sábados 13 e 27, que se corresponden coa terceira e cuarta proba da tempada.
Primeira etapa - 7ª Regata Interclubes Ría de Pontevedra 2021
Relacionadas:
-
A ría volve encherse de veleiros co inicio da novena Regata Interclubes
Por Redacción |
-
A sétima Regata Interclubes Ría de Pontevedra decidirase na última etapa
Por Redacción |
-
Máis de 40 barcos percorren a ría de Pontevedra no estreno da sétima Regata Interclubes
Por Redacción |
-
A sexta edición da Regata Interclubes Ría de Pontevedra, finalizada pola alerta sanitaria
Por Redacción |
-
Todo listo para o inicio da quinta Regata Interclubes Ría de Pontevedra
Por Redacción |