Arosa e Pontevedra afrontan un derbi ligueiro tras 19 anos de espera
Por Ramiro Espiño
Moitos anos de espera e un mal recordo garda o Arosa do último derbi ligueiro que o enfrontou ao Pontevedra na Lomba. Atrás quedan 19 anos e un descenso consumado tras a vitoria granate que algúns parecen non ter esquecido, ou quizais quixeron recordar ao longo da semana para lograr unha maior motivación e incentivar os afeccionados arosistas a acudir en masa para apoiar o equipo de Piscis.
O certo é que os partidos entre Arosa e Pontevedra nunca deixaron indiferentes os afeccionados dun e outro equipo. De feito o record de asistencia de espectadores a un partido no campo vilagarciano produciuse nun partido disputado o 21 de outubro de 1984, en Segunda B, con algo máis de 5.000 afeccionados abarrotando as bancadas e unha recadación en taquilla de máis de catro millóns de pesetas das de entón.
E este domingo volven as emocións. Coma se non tivese pasado o tempo. Será en Terceira División, pero a categoría non resta un ápice de interese. Cando ás 17:00 horas o colexiado vigués, Miguel Ángel Pérez Cabaleiro, dea o asubío inicial, os afeccionados dun e outro equipo rivalizarán de novo coma se non tivese pasado o tempo. De forma sa e deportiva, porque pode que non se chegue ao cheo de hai case 30 anos, pero haberá seguro unha magnífica entrada para os tempos que corren.
Dende Pontevedra anúnciase desprazamento masivo de seguidores, cun autobús fretado pola flamante nova Asociación de Peñas, cousa que non acontecía dende o partido final da liga 2011/2012, fronte ao Somozas, coa clasificación para o play-off en xogo. Do divorcio da bancada co equipo inténtase volver xuntar esforzos.
O Arosa simplemente vive un idilio renovado cos seus seguidores. Máis de 2.000 aboamentos de socios retirados tras o ascenso e un arranque de liga que mesmo o fixo gozar dun sorprendente liderado, que non renuncia a recuperar.
Piscis: "No podemos jugar con el corazón, si no con la cabeza fría. Iremos a por el partido"
Piscis teno claro: "Debemos aislarnos de la euforia de nuestro entorno. El Pontevedra es el 'gallito' de la categoría, por eso, a pesar de la motivación que tenemos no podemos jugar con el corazón, si no con la cabeza fría. Iremos a por el partido".
O técnico arlequinado convocou para o partido a: Álex Vila, Juanjo, Santi, José Ángel, Jonathan, Martín, Munín, Rivas, Jesu, Adrián Camiño, Álex Freire, Nando, Eloy, Ramón, Hugo e Jorge Pérez, deixando fóra da lista a Vixo, Alfonso e Rubén, por decision técnica.
Polo que respecta ao Pontevedra, tras o último adestramento da semana realizado en Pasarón, Nando decidiu convocar aos 17 xogadores que ten dispoñibles, quedando fóra unicamente os lesionados, Caco, Javi Nogueira, Benja e Javi Otero, que seguen traballando á marxe do grupo, polo que terá que descartar a dous no mesmo vestiario da Lomba.
O técnico granate é consciente de que o rival sairá moi motivado, pero non lle preocupa tal feito: "Sabemos que su motivación es muy grande, y además parece que alguno está empeñado en recordar algo que pasó hace muchos años, pero nosotros tenemos que salir con la misma motivación. Si lo hacemos así, creo que tendremos mucho ganado, pero si no lo pasaremos muy mal, por supuesto".
Nando: " Aunque sea con un fútbol feo, lo importante es ganar el partido"
Tamén fixo referencia Nando ao estilo de xogo que pode practicar o seu equipo: "No nos favorece nada la etiqueta de favorito, y más fuera de casa. Sabemos que hay que ponerse el mono de trabajo, porque nos vamos a encontrar con un equipo con mucha ilusión y muchas ganas de agradar a su gente. Ellos harán un partido práctico y nosotros tendremos que saber contrarrestar ese juego. Los partidos se pueden ganar de muchas formas y lo que no vamos es a caer en la tentación o el error que cometimos el día del Villalbés. Supongo que el Arosa querrá darnos la iniciativa y replegarse muy bien, como hicieron con el Deportivo, porque tienen una contra muy buena. Mi equipo puede jugar de muchas formas y aunque sea con un fútbol feo, lo importante es ganar el partido".