A liga de Preferente dará comezo o 28 de marzo
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol explicou aos 37 equipos inscritos en Preferente como será a competición no seu novo formato exprés e sen descensos de categoría.
A competición, segundo confirmou o organismo federativo e sempre que a evolución da pandemia permítao, dará comezo finalmente o próximo 28 de marzo finalizando o 27 de xuño.
No que se refire ao Grupo Sur, os 18 equipos rexistrados quedan divididos en 3 grupos de 6 equipos cada un segundo criterios xeográficos. Desta forma os equipos da comarca como o Pontevedra B, Beluso, Cambados, Villalonga e Umia compartirán subgrupo coa Gran Peña vigués.
A tempada dividirase en dúas fases. A primeira cunha liga regular en cada un dos subgrupos de todos contra todos as dúas voltas na que os dous primeiros clasificados de cada subgrupo conseguirán o pase para o grupo de ascenso. Ademais os tres primeiros de cada subgrupo arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só xogarase a unha volta e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. De aí os dous primeiros alcanzarán o ascenso a Terceira División.
FASE DA COPA DO REI
A Federación Galega decidiu por outra banda que sexan os terceiros clasificados de cada subgrupo na primeira fase os que se disputen unha praza na fase previa da Copa do Rei.