Sara Castro lidera a vitoria do Arxil sobre o Azkoitia Azpeitia (73-67)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Valiosa vitoria a lograda polo Club Baloncesto Arxil este domingo fronte ao Azkoitia Azpeitia. As pupilas de Mayte Méndez, que non afrontaron a súa mellor semana para preparar o encontro, dominaron desde o primeiro minuto grazas a unha Sara Castro implacable en ataque con 28 puntos.
Comezou mandando o Arxil no marcador, poñendo unha diferenza de 4-0 que enseguida era reducida polo Azkoitia Azpeitia ( min. 6, 9-9). Reaccionaron as verdes cunha moi boa defensa que foi traducida unha vantaxe de seis puntos grazas á efectividade diante do aro de Sara Castro, que castigaba ás vascas cun triplo e unha bandexa a unha man despois de roubar o esférico e realizar un contragolpe en solitario (17-11). Parou o cronómetro o técnico visitante a falta dun minuto e medio para a conclusión do primeiro cuarto e así tentar frear a un Arxil ao que lle estaba saíndo todo o que quería.
Co 21-16 no marcador comezou o segundo acto. As de Mayte Méndez meteron unha marcha máis para seguir dominando, cunha Sara Castro intratable con 22 puntos ás súas costas e cun tres de catro en triplos. En defensa, Forster dificultaba as accións rivais facéndose cos rebotes, permitindo ás de Pontevedra facerse cun colchón de 14 puntos cando quedaban 5 puntos para chegar ao descanso (34-20). Xa nos compases finais, o Azkoitia Azpeitia recortou distancias para poñer o 43-33 e deixando todo por decidir.
Tras o paso polos vestiarios, Sara Castro seguiu facendo das súas, pero o equipo vasco saíu con máis ganas e provocou os erros defensivos no equipo verde, que empezou a temer pola súa vitoria para ver como o seu rival colocábase a catro puntos do empate (48-44). Mayte Méndez pediu tempo morto ao ver que as súas empezaban a mostrarse imprecisas e deu coa tecla para reverter a situación. Aumentou a intensidade defensiva o Arxil e recuperou o dominio para facerse cun colchón de 10 puntos antes de chegar ao último cuarto (58-48).
Coa vitoria máis preto que nunca, o Arxil mostrou dúas caras. Estaba cómodo na pista e así se reflectiu no marcador. A excelente actuación de Forster facéndose cos rebotes, e con Noelia Masiá e Carla Fernández sendo efectivas de fronte ao aro, permitiron ao equipo pontevedrés despegarse en ata 16 puntos cando quedaban pouco máis de seis minutos para a conclusión (70-54).
Con todo, o conxunto local comezou a mostrarse impreciso e o Azkoitia Azpeitia anotou un parcial de 0-13 para colocarse a tan só tres puntos das locais (70-67). O tempo corría a favor do Arxil, obrigando ás vascas para parar o cronómetro cometendo faltas que Foster e Sara Castro encargáronse de materializar desde a liña de tiros libres para colocar o 73-67 co que finalizou o encontro.
Consulta as estatísticas do Club Baloncesto Arxil-Azkoitia Azpeitia
Relacionadas:
-
O Arxil e a Liga Feminina 2, dúas décadas de relación ininterrompida
Por Redacción |
-
O Arxil sentencia no primeiro cuarto e sela a súa permanencia en Liga 2 (40-58)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil desaparece tras o descanso ante o Magectias e ve perigar a permanencia (55-80)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil loita ata o final pero cae na casa do Barakaldo (68-60)
Por Almu Dapena |
-
Esixente cita para o Arxil no CGTD fronte o Azkoitia Azpeitia
Por Redacción |
-
A dificultade de viaxar a competir a Canarias en tempos de covid, segundo a experiencia do Arxil
Por Redacción |
-
A falta de acerto condena ao Arxil ante o último clasificado, o Maget Tías (70-64)
Por Almu Dapena |